Cervo, 13 de xullo do 2026. O Concello de Cervo será o escenario esta semana do II Campus de Verán de Natación Artística, unha iniciativa organizada pola Federación Galega de Natación (FEGAN), coa colaboración do Concello, que terá como escenario a Piscina Municipal de Lieiro, do 14 ao 18 de xullo.
O campus, que foi presentado polo concelleiro de Deportes, David Rodríguez, e polo presidente da Federación, Juan Carlos Brión, está dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2015, que estean federados e pertenzan á disciplina de Natación Artística. As sesións estarán coordinadas por Sandra Montes, directora técnica da FEGAN, e pola adestradora Candela Fidalgo.
Durante cinco días, os 32 participantes que ocuparán as prazas dispoñibles combinarán os adestramentos técnicos con actividades lúdicas, nun programa que inclúe pensión completa e que busca favorecer tanto o perfeccionamento deportivo como a convivencia entre os mozos e mozas.
O concelleiro amosou a súa satisfacción por que Cervo volva ser sede dunha actividade deportiva destas características. “É unha enorme satisfacción que a Federación Galega de Natación aposte de novo polo noso municipio para celebrar este campus, recibiremos nestes días a deportistas e as súas familias, o que supón unha importante dinamización para a nosa vila e unha oportunidade para dar a coñecer todo o que Cervo ten que ofrecer”, sinalou.
Rodríguez destacou tamén o valor da colaboración entre administracións e entidades deportivas. “Desde o Concello seguimos convencidos de que a cooperación é fundamental para facer realidade iniciativas coma esta, que enriquecen a nosa programación, fomentan o deporte base e contribúen a achegar disciplinas tan atractivas e esixentes como a natación artística á cidadanía e, especialmente, á mocidade”.
O edil agradeceu á Federación Galega de Natación a confianza depositada no municipio unha vez máis e incidiu en que “seguiremos traballando para que Cervo continúe sendo un referente na organización de eventos deportivos de calidade, que xeran actividade, promoven hábitos saudables e proxectan a imaxe do noso concello máis aló das nosas fronteiras”.
O custo do campus será de 360 euros por deportista, incluíndo a pensión completa, os adestramentos e as actividades lúdicas.






















Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.


