Xove, 13 de xullo de 2026. A secretaria xeral do PSdeG de Xove, Aida López Cuadrado, acompañada pola concelleira e voceira socialista no Concello, Rogelia Mariña, e por outros membros da nova executiva local, mantivo unha reunión de traballo coa presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López. No encontro analizaron o estado das principais actuacións que a institución provincial está a desenvolver no municipio e abordaron novas liñas de colaboración para impulsar proxectos de futuro en Xove.
Un dos asuntos centrais da reunión foi o seguimento do convenio asinado entre a Deputación e o Concello para a mellora da rede provincial de estradas, un acordo no que o PSdeG de Xove traballou activamente e que permitirá avanzar na mellora das comunicacións do municipio.
A presidenta da Deputación trasladou ás representantes socialistas as actuacións que se están executando actualmente. Entre elas figura a pavimentación con conglomerado en quente da estrada LU-P-2604, entre Xove e As Gulpilleiras, que incorporará melloras de sinalización e seguridade viaria propostas polo PSdeG, especialmente nos puntos máis delicados do trazado e nos que xa se teñen rexistrado accidentes.
Durante a xuntanza destacouse tamén a mellora da LU-P-2605 entre A Tronca e O Tarolo, que permitirá ofrecer un acceso máis seguro e adecuado ás parroquias da Rigueira e Monte, así como os traballos de preparación e ensanche da LU-P-2601, entre Xove e Morás, para a súa posterior pavimentación con conglomerado en quente.
“En conxunto, a institución provincial destinará este ano máis de 1.236.000 euros á mellora das estradas provinciais de Xove. A esta cifra súmanse preto de 74.000 euros para o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar, o que eleva o investimento da Deputación no municipio durante 2026 por riba dos 1,3 millóns de euros”, salientou Aida López Cuadrado.
A reunión serviu ademais para poñer sobre a mesa futuras iniciativas relacionadas co desenvolvemento social e asociativo do municipio, nas que a agrupación socialista continuará traballando para concretar novos proxectos.
A secretaria xeral do PSdeG de Xove agradeceu a disposición e o compromiso da institución provincial co municipio. “A Deputación volve demostrar que é unha administración próxima, que escoita as necesidades dos concellos e responde con investimentos e actuacións concretas. Levabamos moitos anos sen ver un esforzo deste nivel na mellora das estradas provinciais”, sinalou.
“O noso concello necesita seguir avanzando e ese vai ser o compromiso deste equipo socialista: defender os intereses da veciñanza e traballar para conseguir máis servizos, oportunidades e investimentos para Xove”, concluíu López Cuadrado.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



