A Vicepresidencia da Deputación colabora co festival de música electrónica Ether, que converte Viveiro en punto de encontro da escena electrónica galega
Viveiro, 16 de xullo de 2026. O deputado de Mocidade, Daniel García, participou esta mañá na presentación do festival de música electrónica ETHER, que se celebra este venres e sábado en Viveiro e que conta co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, ademais doutras colaboracións públicas e privadas.
O festival reafirma a súa aposta polo talento galego, cunha decena de artistas de distintas localidades do país no cartel —CERTAIN, DJ Swisherman, Weisheit, Mascarell, Isma B, LKina, Alex Vigo, Tesaa, DJ Pergo e Karras Martínez—, xunto a outros nomes consolidados no circuíto internacional como Adriana Lopez (Colombia), Deetron (Suíza), Grade Dahl (Ámsterdam), Jen Cruz, Rage e Buenri (Barcelona) e DJ Pepo (Madrid).
Daniel García destacou “a traxectoria do festival, que se está a consolidar como punto de encontro da escena electrónica galega cunha proposta musical á altura dunha cidade europea”, e valorou “o espazo para artistas de Galiza. Desde a Vicepresidencia da Deputación entendemos o apoio aos festivais como unha aposta por unha axenda de música en directo accesible e diversa, e por un espazo real de proxección e contacto profesional para artistas galegos”, explicou durante o acto, coincidindo cos últimos preparativos no parque Pernas Peón.
O festival aposta tamén este ano por unha programación cultural complementaria, que pretende achegar esta proposta musical ás novas xeracións con obradoiros de DJ con equipamento profesional, subida ao escenario e actividades creativas. Ademais, busca amosar aos visitantes a contorna patrimonial e natural de Viveiro e da comarca mediante rutas de sendeirismo e xornadas de limpeza de enclaves naturais, acompañadas posteriormente de obradoiros artísticos de reutilización dos materiais recollidos.
A Vicepresidencia da Deputación achega 8.000 euros á organización do festival, acompañando a súa consolidación e o salto organizativo desta nova edición.






















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



