Lugo, 4 de xullo, 2026. A Fonsagrada estreou hoxe o Museo Forges, o primeiro espazo museístico de España dedicado ao humorista gráfico Antonio Fraguas, nun acto que contou coa presenza da Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López; o Alcalde da Fonsagrada, Carlos López; e o Ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares. Xunto a eles participaron familiares do artista, representantes institucionais e numerosas persoas que contribuíron a facer realidade este proxecto impulsado polo Concello coa colaboración da Deputación de Lugo e do Goberno de España.
Durante a inauguración, Carmela López destacou que o novo museo “será un espazo vivo de memoria, cultura e futuro”, subliñando que transcende o ámbito cultural para converterse nun motor de dinamización territorial. A presidenta provincial incidiu en que o equipamento reforzará a oferta cultural da provincia, atraerá visitantes e xerará novas oportunidades para A Fonsagrada e para toda a montaña lucense. Tamén puxo en valor a colaboración institucional que fixo posible o proxecto, lembrando que a Deputación achegou 40.000 euros para completar a museografía, o equipamento e diversas actuacións complementarias, entre elas a posta en marcha do reloxo da fachada principal.
López agradeceu á familia de Antonio Fraguas a confianza depositada na Fonsagrada para custodiar parte do legado do creador, a quen definiu como “un autor irrepetible, capaz de facer sorrir e reflexionar a varias xeracións desde a intelixencia, a humanidade e a retranca”.
Pola súa banda, o alcalde Carlos López cualificou a apertura do museo como un fito histórico para o municipio e reivindicou o vencello de Forges coa terra do seu pai. “A partir de hoxe, quen se achegue á Fonsagrada terá un motivo máis para deterse”, afirmou, convencido de que este novo espazo converterá o municipio nun referente turístico e cultural.
Un museo para preservar o legado de Forges
O Museo Forges ocupa a antiga Casa Consistorial, un edificio histórico rehabilitado con 250.000 euros procedentes de fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O inmoble albergará tamén a Oficina de Turismo na primeira planta, converténdose nun punto de referencia para veciñanza e visitantes.
A proposta museística reúne unha selección de viñetas, ilustracións e contidos expositivos que permiten achegarse á traxectoria artística e humana de Forges, un dos grandes referentes do humor gráfico español. O museo nace co obxectivo de preservar e divulgar o seu legado desde a terra de orixe da familia paterna do autor.
Ademais do seu valor cultural, o espazo está chamado a reforzar o atractivo turístico da Fonsagrada e da montaña lucense, ampliando a oferta patrimonial do municipio e converténdose nun novo punto de interese para visitantes e para os milleiros de peregrinos que cada ano percorren o Camiño Primitivo.
Un exemplo de recuperación do patrimonio público
A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, destacou o compromiso do Executivo coa recuperación do patrimonio público como motor de desenvolvemento do territorio. Lembrou que a rehabilitación da antiga Casa Consistorial foi posible grazas ao Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP), cun investimento total de 454.214 euros, dos que 271.255 euros foron achegados polo Goberno de España.
A subdelegada subliñou que a actuación permitiu transformar un edificio en desuso nun moderno espazo cultural aberto á cidadanía, que albergará a colección permanente cedida pola familia de Forges. Destacou tamén que o proxecto combina conservación do patrimonio, accesibilidade, eficiencia enerxética e sustentabilidade, converténdose nun exemplo de como os investimentos públicos contribúen a revitalizar o rural e crear novas oportunidades para a provincia.























Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



