Si, só é un 30% -ben, un pouquiño máis-, o número de prazas de aloxamento temporal en Ribadeo en relación ó número de habitantes censados. E é casualidade que sexa tamén dun 30% -ou un pouquiño máis- o aumento de prezos de cousas como alugar un piso para vivir ou tomar un café -neste caso, un pouquiño menos- en relación con outros puntos próximos como Vilalba, de poboación semellante na vila pero maior no concello, e con moi diferente presión hostaleira (moito menor, sexa hoteis, aloxamentos turísticos ou VUT).
Tamén é maior (aínda que aquí non teño datos que poñer en porcentaxes) o despoboamento e/ou substitución inducidos que están a sufrir estes últimos anos zonas concretas de Ribadeo -non todo o pobo, nin o concello- mentres os veciños que van quedando -e inmigrantes que veñen a traballar- van vendo como as maletas rodantes tiradas por caras descoñecidas van periodicamente ocupando o lugar dos antigos veciños. Ou vendo como desaparecen comercios que estaban dirixidos á veciñanza e son substituídos por outros enfocados á xente de paso. Un fenómeno este de cambio do tecido urbano ó que se lle chama xentrificación, por ter certa semellanza á centrifugación dunha lavadora: o bombo comeza a dar voltas e non é que ‘expulse’ a auga fóra, senón que ó xirar máis e máis rápido a auga non pode agarrarse a ningures para continuar xirando, co que remata fóra do bombo. É dicir, parello ó que pasa ca xentrificación, na que a xente non é que sexa literalmente expulsada fóra, senón que se lle quitan as posibilidades de poder e querer aguantar no centro do pobo, rematando ‘fora de xogo’. A diferencia? En troques de gotas de auga, trátase de persoas as que están nun mecanismo mareante que as está a ignorar mentres as súas casas se ven acosadas por ruídos e xente allea -’alien’, verba que soa nas películas-, os seus cartos non poden competir cos foráneos por un lugar onde vivir, e mesmo a veciñanza vai perdendo conexión, entre si e co entorno máis próximo (entre si, pola xente que se vai e co entorno, pola colonización allea e de chiringuitos en prazas e rúas) e rematan situándose lonxe das que eran as súas casas e a súa contorna. Un mecanismo sobre o que, de xeito parello ás gotas na centrifugación, lle usurparon o control e en xeral só poden tentar paliar as súas consecuencias, diminuíndo a súa calidade de vida e/ou véndose na necesidade de emigrar a outras contornas.
En canto ó ruído, ía poñer que o 30 % quédase curto, moi curto, o que é certo. Pero atópome algo máis clarificador: unha nova que apunta que en Madrid están a clausurarse concertos por sobrepasar os 80 dB. En Ribadeo é cousa de calquera fin de semana nunha estreita rúa céntrica, ou a raíz dunha morea de actividades a todo volume preto das casas, e non se clausura nada. Máis ben, aumentan as actividades de altos decibelios. Por non facer, nin se fan medidas oficiais, pedidas de xeito reiterado mentres de xeito extraoficial calquera que teña unha aplicación móbil pode comprobalo.
Hai lugares que mesmo barallan a exclusión do Patrimonio na UNESCO por masificación turística. Mentres, o turismo sen plan, a especulación e a degradación veciñal consecuente están relacionados en Ribadeo e noutros lugares. Como enfermidade que pouco a pouco vai comendo o tecido social, o proceso vese alimentado mentres tanto porque a modo de inchazón que se produce nalgún tipo de cancro e parece unha capa graxa, preséntase cunha aparencia saudable de cartos -para algúns- e xolgorio -tamén para algúns- cando está podrecendo pouco a pouco a sociedade. Sociedade que comeza a decatarse do que pasa, comenta e vai creando con dificultade as relacións e as estruturas para combater o que o concello parece non ver.
























Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.
A súa busca iniciárase ás 18:30 horas de onte e, despois de horas sen noticias, os familiares contactaron co 112 pasada a unha da madrugada. Finalmente, contra as seis da mañá avisaron de que a muller fora localizada nunha finca no lugar de Mos, sen capacidade para erguerse polos seus propios medios, aínda que rexeitou asistencia médica ao atoparse ben. O 112 mantivo informada en todo momento á Garda Civil durante o operativo.
Inclúe as Noites Alternativas e Enredando no Verán. Este martes arrincan as Noites de Futbol na Praia do Torno.
Precísase unha reparación maior e un suplemento de crédito de 350.000 euros, que o Consello de Ministros aprobará a próxima semana. Coa partida concedida, a maquinaria volverá ao paseo en dúas ou tres semanas. O Concello garante que seguirá vixiando os prazos para asegurar a obra con total seguridade.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ao longo desta semana nas oficinas municipais do Concello de Trabada. O alcalde de Trabada, Rubén García, explica que “desde o Concello queremos dar a máxima difusión a esta convocatoria para que todas as persoas interesadas poidan presentar a súa solicitude e formar parte desta bolsa de emprego”. Desde o Concello animan a todas as persoas interesadas a presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido, co obxectivo de garantir a correcta cobertura deste servizo municipal durante o período vacacional.
A alcaldesa, Ana Isabel Fernández García, expresou un "orgullo muy grande" por este logro e destacou que a praia urbana "cumple rigurosamente todos los exigentes requisitos que se solicitan". A obtención da bandeira azul require garantir a calidade das augas, socorrismo, accesibilidade e educación ambiental, e o reto agora é manter estes estándares. O Concello colaborou coa Asociación Fraternidad nun proxecto de conservación da fauna local mediante a fabricación e instalación de caixas niño nas dunas de Navia e Frexulfe. Antonio, membro da entidade, explicou o proceso destas dez "casitas de pájaros" e sinalou que "Ha sido un trabajo muy laborioso pero muy gratificante...", agradecendo a colaboración municipal e a visibilidade que dá ao traballo da asociación.
Puxo en valor a importancia deste tipo de eventos para contribuír á preservación dos traballos gandeiros tradicionais. Cómpre salientar que esta festividade está recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia. Ademais, nesta ocasión, a conselleira foi nomeada Monteira Maior, unha distinción honorífica outorgada pola Comunidade de Montes de Buio e Lerín, organizadora do evento, ás persoas que colaboraron con eles ou os apoiaron. Gómez trasladou o seu agradecemento por esta mención e reafirmou o seu compromiso co sector agrogandeiro, un piar fundamental para o desenvolvemento do noso rural.



