A arquitectura constitucional de 1978 susténtase, na convivencia lingüística, nunha mentira fundacional. O Estado non aplica unha cooficialidade integradora, senón un supremacismo xurídico asimilacionista que blinda o privilexio dunha soa lingua e condena o galego, o catalán e o euskera á subordinación perpetua e á vulnerabilidade xudicial.
A chave atópase na redacción asimétrica do artigo 3.1 da Constitución. Co deber de coñecer o castelán o texto establece unha dominación. O castelán é a única lingua de obrigado coñecemento; as demais son meros accidentes admitidos por condescendencia. Esta asimetría permite que a xustiza, a administración central e os corpos de seguranza do Estado actúen como axentes de asimilación cultural dentro de territorios soberanos.
A xurisprudencia do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) demostra de xeito reiterado que a identidade lingüística forma parte indisolúbel dos dereitos fundamentais, vinculada á integridade persoal e ao dereito a un proceso xusto. Impedir que un cidadán se exprese na súa lingua perante os poderes públicos racha a igualdade de armas e degrada a súa dignidade. Porén, o Estado español ignora estes estándares ao soster un aparello administrativo alleo á realidade dos nosos países.
Os atrancos derivan dunha estratexia centralista para laminar a pluralidade. Vímolo en Catalunya coa agresión do TSJC mediante a sentenza do 25% de clases en castelán, que dinamitou a inmersión en favor de denuncias individuais. Vímolo tamén no País Vasco coa polémica dos ceros masivos na proba de Euskera da PAU, onde criterios desproporcionados operaron como freo contra os estudantes.
A esta ofensiva escolar súmase un asalto ao autogoberno laboral. A ofensiva do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco (TSJPV) contra os perfís lingüísticos está a sabotar a normalización na función pública. Sentenzas sucesivas anularon convocatorias de emprego baixo o pretexto da “proporcionalidade”, tombando a esixencia do idioma propio para prazas técnicas en deputacións como a de Gipuzkoa. Négase así o dereito a ser atendido na lingua propia e convértense as administracións en feudos do monolingüismo castelán.
Mentres, na Galicia, o Decreto 79/2010 para o Plurilingüismo constitúe un caso de autolimitación, esta vez dende o Goberno autónomo (monopolziado por unha dereita cada vez máis españolista), prohibindo Ciencias en galego en secundaria. Esta perversidade asocia o galego ao folclorismo, mentres a exclusión na praxe na educación infantil pon ao idioma en risco da súa extinción urbana, esnaquizando a transmisión xeracional.
Democracias como Suíza, Bélxica ou Canadá demostran que o respecto aos dereitos civís esixe a demolición do bilingüismo asimétrico. Canadá confírelle a Quebec plena soberanía lingüística coa Carta da Lingua Francesa, onde a inmersión é obrigada e o francés constitúe un requisito funcional inexorábel. Pola súa banda, Flandres e Valonia son monolingües e a rexión de Bruxelas plenamente bilingüe. En Suiza cada cantòn ten a capacidade de elixir un réxime de monolingüísmo ou bilingüismo e a Administración federal garante o dereito de todas as persoas a seren atendidas en cadansúa lingua (italiano francés, alemán ou romanche). Velaí que dende os devanditos sistemas federais, malia que adobiados con elementos confederais (como afirmaba o lehendakari Garaikoetxea) teñan resolta esta cuestión, da que o Estado ten refugado e segue a refugar toda solución acaída.
Cómpre esixir un cambio radical que elimine o deber asimétrico de coñecemento. Esta igualdade real esixe decretar a obrigatoriedade xeral do coñecemento das linguas propias para toda caste de empregados públicos. É totalmente inadmisíbel que notarios e rexistradores, canda pezas fulcrais da Administración de Xustiza (como maxistrados, xuíces, fiscais e letrados), exerzan sen entender o idioma da mesma cidadanía á que o seu descoñecemento xera indefensión.
Esta igualdade determinará na práctica a necesidade, ou cando menos a extrema conveniencia, de coñecer as linguas propias nacionais para poder vivir, traballar e prosperar en Galicia, Euskal Herria e os Paisos Cataláns. Só cando o idioma propio sexa unha chave indispensábel para vivirmos en Euskadi, Catalunya ou Galicia daremos freada a asimilación. O Estado habería asumir a igualdade xurídica co castelán das nosas linguas propias e nacionais ou estará a referendar a súa condición de cárcere de pobos e, xa que logo, a apelación á nosa plena soberanía.




















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



