Ribadeo, 6 de decembro de 2018. O salón de plenos acolleu a recepción que o Concello lle ofreceu a Aleix Díaz Salas, un atleta ribadense de 15 anos que ven de conseguir unha medalla de bronce coa selección galega de relevos no Campionato de España. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, David Rivas, e o técnico municipal de Deportes, Iván López. Aleix Díaz estivo arroupado pola súa familia.
O edil de Deportes dixo: “xa tíñamos ganas de ter aquí a Aleix, que o coñecemos de toda a vida e sabemos que a pesar de ter nada máis que 15 anos leva moito tempo practicando atletismo, conseguindo títulos en campionatos galegos, facendo marcas impresionantes e por fin agora chega esta medalla de bronce no 4×300 no Campionato de España por autonomías representando á selección galega. E estamos moi contentos por el e por Ribadeo, que é o nome que dalgunha forma levas por aí a onde vas”.
David Rivas manifestou: “a min gustaríame destacar todo o traballo e sacrificio que é necesario facer para entrar no combinado galego e para subir a un podio. É un traballo enorme físico e mental en cada adestramento, en cada competición, que terás que estar ao 200 por 100 porque entendo que nesta disciplina unha décima de segundo súbete ao podio ou déixate fóra del. E ademais dese esforzo físico e mental moitas veces nestes deportes, que non son de masas, tamén é un importante esforzo económico para conseguir desprazarte para adestramentos e para competicións. Sabemos que é moi difícil e somos conscientes do mérito que tes”.
Pola súa banda o alcalde, Fernando Suárez, declarou: “aquí ves desde o punto de vista deportivo, que é moi importante, pero non deixes de lado os estudos, porque isto no fondo é unha proxección enorme, que te forma como persoa e nun estado físico perfecto, pero mira que tes a formación académica aí e no estudos tes que esforzarte igual que no atletismo”.
Aleix Díaz agradeceu a celebración do acto no que recibiu unha estatuíña en recoñecemento á medalla conseguida recentemente.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
