Cervo, 13 de decembro de 2018.- O Concello de Cervo programou para estas festas de Nadal unha completa axenda de eventos e actividades dirixidas a todo tipo de público; que foi presentada este mediodía polo rexedor, Alfonso Villares, pola edil de Turismo, Mali Méndez, e polos representantes das diferentes asociacións que promoven e colaboran coa organización de varias das citas previstas -Airiños do Xunco, Fervenza de Sargadelos, Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, Escola de Artes Marciais de Cervo e Amigos da Troula-.
O deporte, da man do XI Campionato de Nadal de Nihon TaiJitsu, será o encargado de dar o pistoletazo de saída ao promama de Nadal. A cita será o sábado 22 de decembro ás 17:00 horas no Pavillón da Veiga, en San Cibrao.
O domingo, 23 de decembro, será un día importante dentro do calendario de actividades que comezará ás 12:00 horas na biblioteca de Cervo cun obradoiro de xogos tradicionais. Xa pola tardiña, a partir das 16:30 horas, a asociación de veciños do Burgo de Trasbar convidou a Papá Noel ao seu local social; ademais para o 31 de decembro tamén animan a brindar polo novo ano, entre as 19:00 e as 20:30 horas.
A partir das 18:00 horas dese 23 de decembro o auditorio da Casa da Cultura acollerá a tradicional e agardada Gala de Nadal, protagonizada polos diferentes grupos de música, canto e baile do municipio.
O luns 24 de decembro a Asociación Fervenza de Sargadelos coa colaboración do Concello, organiza un ano máis a Noiteboa Infantil. Será a partir das 16:30 horas no ecomuseo de Cervo. Durante toda a tarde haberá actividades pensadas para os máis pequenos, e non faltará a merenda e a visita de Papá Noel.
O mércores 26 e o xoves 27 de decembro estarán dedicados, fundamentalmente, á xuventude do noso Concello. O mércores o Parque Reina Sofía acollerá a actividade novidosa “Laser Tag”, un xogo deportivo que simula un combate entre dous equipos, que teñen que sumar puntos alcanzando con disparadores de infravermellos os dispositivos receptores que teñen os rivais. Será a partir das 16:00 horas. Xa o xoves será a quenda do Escape Room, un xogo de aventura físico e mental no que os xogadores deberán solucionar enigmas para conseguir saír da habitación antes de que remate o tempo. Ese mesmo día, a partir das 20:00 horas, o auditorio da Casa da Cultura acollerá o espectáculo Falar Sen Cancelas, protagonizado por Fran Rei, Isabel Risco, Pedro Brandariz, dirixido a todos os públicos.
O venres, 28 de decembro, terá lugar o Callo Fest, na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Cibrao, que organiza a asociación Amigos da Troula, coa colaboración do Concello. O festival comezará ás 18:30 horas con actividades pensadas para os máis pequenos; e os concertos serán a partir das 20:00 horas. Nesta segunda edición o cartel está conformado polos locais The Lazy Bones -que repiten-; Supernatural, Mckuin –tributo a Queen- e Pegas Negras. Haberá moitas sorpresas que irán desvelando desde a organización, ademais do ensaio das badaladas con brinde á medianoite, disco móbil e callos de balde ao remate da Festa.
O sábado, 29 de decembro, ás 20:00 horas, o auditorio acollerá un monólogo de Oswaldo Digón; e o venres, 4 de xaneiro, “Trío Duero” ofrecerá un concerto de Nadal, a partir das 20:00 horas, no auditorio.
Os Reis Magos, como non podería ser doutro xeito, teñen tamén moito protagonismo nesta programación. O sábado, 5 de xaneiro, sairán en percorrido por San Ciprián ás 17:30 horas ata o auditorio, e por Cervo, ás 19:30 horas ata o salón de actos do Concello. Este evento está organizado pola asociación Airiños do Xunco, coa colaboración do Concello. Tamén está prevista a actuación, a continuación, do grupo de teatro O Bordelo.
Tamén nestas datas se proxectarán diferentes películas como o Rey León, o domingo 30 de decembro; e o novo filme de “La Bella y la Bestia”, o 3 de xaneiro; ámbalas dúas ás 19:00 horas.
Desde o Concello de Cervo convidan a toda a veciñanza e visitantes a participar nas actividades programadas e a gozar destas Festas no municipio.























Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



