Viveiro 20-12-18. A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro continua nestes días cunha morea de actividades e sorteos con miles de premios.
Á decoración de rúas cos abetos naturais colocados nas entradas dos comercios, a iluminación, o fío musical e mais a árbore de luces de 9 metros, súmase agora a “Casita de Papá Noel”. Instalada na Praza Maior en colaboración có Concello de Viveiro, estará dende o 21 ó 24 de decembro en horario de 17:30 ata as 20:30, onde os nenos poderán desfrutar de Papá Noel, sacarse fotos con el e levar un montón de caramelos.
Do 21 ó 23 poranse 1.500€ en xogo na “Ruleta do Nadal”, que se instalará na Praza Maior. Será moi sinxelo acadar premios, só por mercar no comercio local por cada ticket de 20€ en compras terase dereito a unha tirada e o premio será directo. Durante os 3 dias o horario será de 17:30 horas ata esgotar os premios.
O domingo 23 de Decembro, aproveitando que o comercio abrirá as súas portas para as compras navideñas, teremos “Nadal na Rúa” da man do Coro Tempus Fugit que encherá de música as rúas do Centro Histórico. Comezarán o percorrido ás 18:30 horas no que ofrecerán en directo o seu repertorio de Nadal. Os enclaves para as actuacións irán dende a Avenida de Cervantes, á Praza da Fontenova, rúa Pastor Díaz e zoa da Praza de Lugo. Cada unha durará uns 20 minutos e está previsto que rematen sobre as 20:00 horas. Como novidade.. este ano as actuacións serán moi participativas precisando da interacción do público.
Xa para a seguinte semana, a partires do 26 de decembro a Casita de Papá Noel converterase na “Casita Solidaria” en colaboración con Dignidade Viveiro para axudar ás familias máis desfavorecidas. Tamén o día 26 comezarase co reparto das papeletas para o sorteo do dia 4 de Xaneiro de “3 soldos de 1.200€”, serán un total de 120.000 números os que se repartan ata o dia do sorteo que contará con novidades e sorpresas.
Gran cantidade de actividades, sorteos e premios para dinamizar unha das épocas máis importantes para o comercio local.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



