Madrid, 21 de decembro 2018. O deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou unha serie de iniciativas parlamentares na Cámara Baixa na que esixe ao Ministerio de Fomento a adopción imediata de medidas para correxir o alto risco que posúe a N-642 ao seu paso polo municipio de Ribadeo.
O parlamentar de En Marea insta a Ábalos a tomarse en serio o último Informe do Programa Europeo de Avaliación do Risco na Estrada, EuroRAP, que analiza a perigosidade da rede viaria do estado español que “non sae moi ben parado no estudo posto que presenta máis de 3.000 quilómetros de estradas con alto nivel de perigosidade”.
Rematen co desleixo existente coas infraestruturas de Lugo
“Como primeira, ocupando o primeiro posto, figura a N-642 nun tramo de 8,2 quilómetros no cruce coa N-640 e o enlace coa N-634. Son moitas as ocasións nas que En Marea se dirixiu a Fomento polo mal estado deste vial e doutros estatais que pasan pola Mariña como a N-634 e a N-640. Incluso con proposicións non de lei nosas aprobadas pero todo sigue igual”, denuncia o deputado. Este traxecto adoece de mala visibilidade, deterioro do firme, o peralte das curvas perigoso. “Levamos tempo demandando actuacións de seguridade vial para correxir esta estrada”.
Ao igual, puntualiza, que “levamos tempos pedindo a mellora da N-640 a altura de Monterroso así como noutros tramos. As estradas estatais, as vellas estradas nacionais, ao seu paso por Lugo foron obxecto dun abandono absoluto en canto a investimentos de mantemento. Non se fixo nada e nos anos da crise recurtouse nun eido fundamental para garantir a seguridade na circulación”.
Fernán Vello explica que nunha resposta do Ministerio do pasado mes de febreiro, alegaba que o 8 de xaneiro tiña licitado o proxecto para a realización de obras de rehabilitación estrutural do firme en dous tramos da N-642, entre Barreiros e San Cibrao. “Unha reforma que se fixo esperar e á altura de setembro só se fixeran unhas pequenas obras polo paso da volta ciclista”.
O deputado de En Marea conmina a Fomento a rematar “co desleixo existentes coas infraestruturas estatais en Lugo. Empecen por arranxar o básico como estradas perigosas e de alto risco que non supoñen investimentos faraónicos”.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



