Burela, a 21 de decembro de 2018.- O Grupo Municipal Popular de Burela censura “a incapacidade do alcalde por acelerar os trámites da xestión diaria dun Concello como demostra a tardanza de dous anos e medio en resolver un recurso presentado por Copasa contra un acordo desta Corporación”. Así o manifestan os populares despois de que “o Pleno estimara o recurso presentado no mes de xuño do 2016 contra un acordo plenario adoptado cos votos do PSOE e do BNG onde se lle denegaba o carácter de interese social das obras de ampliación do hospital de Burela por entender que estas obras beneficiaban aos cidadáns de fóra do municipio”.
“Agora, dous anos e medio despois, queda demostrado que o acordo plenario adoptado no seu día cos votos en contra do PP foi un auténtico erro”. Os populares xa se posicionaran “en contra da non declaración de interese social por entender que precisamente había uns meses que se concedera ese mesmo carácter de interese social á ampliación do IES Perdouro, un instituto no que tamén reciben formación alumnos e alumnas de toda a comarca”, indican.
O Pleno da Corporación Municipal de Burela debateu hoxe tamén outros asuntos transcendentes para o Concello. Un deles foi a aprobación da ordenanza de uso do auditorio, así coma do cobro de entradas. A este respecto os populares presentaran en marzo unha moción que fora aprobada por unanimidade dos grupos políticos da Corporación e que “o equipo de Goberno tardou nove meses en presentar ao Pleno a pesar de ser sinxela a súa redacción”.
O Grupo Municipal Popular do Concello de Burela presentaron suxerencias durante o período de tramitación desta ordenanza para que o regulamento de uso das instalacións municipais susceptibles de acoller actividades de tipo cultural ou social foran tamén incluídas nesta ordenanza. A pesar de que “a día de hoxe non é factible, apoiamos a súa aprobación porque é mellor ter isto que non ter nada”. É máis, os populares recordan que “fomos nós os impulsores desta ordenanza”.
Novo servizo de recollida de lixo e limpeza viaria
Os edís populares xa pediran a paralización do expediente de contratación do novo servizo de recollida de lixo e limpeza viaria que hoxe se tratou no pleno. Dende o PP explican que “o alcalde acepta un incremento de algo máis de 110.000 euros ao ano por este servizo que os populares consideramos esaxerado cando o propio alcalde ten manifestado que o servizo funcionaba moi ben. Non entendemos por que se sube agora o prezo”.
Sobre este asunto, explican os edís do Grupo Popular que “os postos de traballo, que non se corresponden co persoal do que dispón a empresa concesionaria, van diminuír co novo contrato. É dicir, haberá menos persoal traballando e o servizo vai ser máis caro. Esta foi a razón polo que nos opuxemos a este expediente e propuxemos que quedase sobre a mesa para revisar os seus pliegos”.
Orzamentos municipais para o 2019
“Os orzamentos municipais do Concello de Burela aprobados en Pleno para o 2019 demostran o fracaso do alcalde”, lamentan dende o PP. “As contas par ao vindeiro ano demostran que non hai proxecto, nin se aprecian iniciativas para que Burela xere emprego e riqueza de cara ao asentamento da poboación. É máis, o maior incremento dos gastos do Concello correspóndese co aumento do prezo da contratación do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria”, critican.
Por outra parte, “non hai nestes presupostos ningunha partida para o pretendido novo pavillón de Burela que demostra, unha vez máis, a nefasta xestión do alcalde. O Grupo Municipal do PP votou, polo tanto, en contra”.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



