Lugo, 23 de decembro, 2018. Os afiliados do Partido Popular de Muras elixen a Eugenia Requeijo para liderar o proxecto, “centrado nas persoas”, co que o PP busca recuperar a alcaldía nas próximas eleccións municipais do vindeiro ano. Durante unha xuntanza celebrada onte, na que participou a presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, os afiliados da agrupación local aprobaron a candidatura desta técnico de informática, que encabezará a lista do PP “coa motivación de construír un proxecto conxunto, de todos para todos, que logre o apoio maioritario da veciñanza e que faremos escoitando aos nosos veciños e veciñas e implicándonos na achega de solucións as súas demandas”.
No transcurso da reunión, Elena Candia valorou e agradeceu o traballo que está a desenvolver o Grupo Municipal do Partido Popular no municipio, sempre involucrado dun xeito “moi entregado e destacable ao servizo das peticións dos veciños”. Uns agradecementos ao Grupo Popular aos que se sumou tamén a candidata popular, quen destacou que, “se aportaron ideas nos últimos tres anos e medio que, desafortunadamente, non contaron nos plenos co apoio do equipo de Goberno local. Iso si, despois presentaban outras propostas con ideas similares para colgarse as medallas”.
Elena Candia tamén trasladou a súa total confianza e respaldo á agrupación local e a Eugenia Requeijo “coñecedores das necesidades do municipio; persoas que apostan por este pobo e polo seu rural, convencidos de que o PP é a mellor forza política para impulsar o mellor futuro posible para a localidade, centrándose nos seus recursos e no seu potencial”.
Proxecto
A candidata afronta “con ganas de traballar”, este novo reto de “compromiso con Muras e coas necesidades de tódolos veciños e veciñas”. Deste xeito, cre firmemente que “o Partido Popular é o que mellor pode defender os seus intereses como demostran, por exemplo, as políticas da Xunta de impostos cero no rural e de apoio ás persoas con dependencia”.
Eugenia Requeijo considera, precisamente, que dende o Concello se debe traballar na defensa do rural fomentando a gandería e poñendo en valor os produtos da zona coma o mel, as setas e as castañas. Pero “tamén é imprescindible manter en bo estado os camiños e pistas do municipio para facilitar as comunicacións aos agricultores e gandeiros que as empregan no seu día a día”.
Igualmente, avanza o seu desexo de traballar “para garantir o abastecemento de auga aos veciños e veciñas de Muras e para impulsar o polígono industrial no que os mureses e muresas están especialmente interesados”.
“Entre outras necesidades que xa detectamos e outras nas que traballaremos nos próximos meses recollendo as ideas de todos e todas, atópase o da atención aos nosos maiores”, explicou a candidata do PP. A popular coñece de preto as necesidades dos veciños e veciñas de cara á atención das persoas maiores e dependentes porque “vivimos nun concello rural que se dedica principalmente á gandería e que conta con moita poboación envellecida”. Nese sentido, é consciente da necesidade de apoiar e ofrecer recursos próximos que axuden ás familias a coidar e atender do mellor xeito posible aos mureses e muresas que así o precisen, mentres os propios coidadores e coidadoras desenvolven a súa actividade diaria con normalidade”.
Currículo
Eugenia Requeijo é técnico superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas e desenvolveu a súa actividade profesional como docente no eido da ofimática en diversas academias de formación. Tamén traballou como técnico de informática e responsable de prevención de riscos no Concello de Muras.
Eugenia Requeijo encabezará por primeira vez a lista do PP no seu municipio natal.























Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



