Foz, a 22 de decembro de 2018. Lorena Seivane García e María Teresa Rego Cabanas, como concelleiras do Grupo Municipal do BNG en Foz, ao abeiro da lexislación vixente, presentan para o seu tratamento no vindeiro pleno a seguinte
Manter o horario habitual da biblioteca municipal:
Como xa todos sabemos dende fai meses a biblioteca municipal do noso Concello está cerrada pola tarde, privando así a moita xente do seu uso.
Foron varios os veciños que reclamaron a súa posta en funcionamento normal. Estudantes, traballadores e demais usuarios vense ante a imposibilidade de ir, coma antes, a consultar documentación, ler ou facer uso dos ordenadores, xa que o seu horario impídelles acudir polas mañás.
O peche, en principio casual e temporal, da Salgado Toimil débese á baixa médica da bibliotecaria, mais ao BNG sóalle de novo a unha escusa e a unha nova incompetencia do equipo de goberno, que durante meses obvia esta circunstancia e mira para outro lado, agardando que o problema se solucione só.
Por iso, o grupo municipal do BNG, solicita do Pleno da corporación a adopción do seguinte:
ACORDO
Instar ao equipo de goberno do Concello de Foz:
1. Á inmediata reapertura da biblioteca municipal no seu horario habitual de mañá e tarde.























O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



