Madrid, 14 de xaneiro de 2019. A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, valorou negativamente a caída do investimento en Galicia nos orzamentos do Estado, que calificou dun “golpe na cara a Feijóo e que castigan a Galicia enteira”.
“Con tanta necesidade de investimentos, de conexións ferroviarias, dixitais e portuarias, é absolutamente decepcionante. Estamos moi lonxe destes orzamentos, facemos un chamamento ao PSdeG porque Galicia ten problemas gravísimos que deben ser solventados”, afirmou.
En Marea é consciente de que o investimento do Estado baixa para Galicia polo remate das principais obras do AVE, pero a voceira resaltou que non poden verse reducidas outras partidas que nada teñen que ver co AVE.
Por outra banda, estes orzamentos contemplan cuestións cruciais e positivas para a cidadanía galega. Arricamos ao Goberno un salario mínimo histórico, estivemos do lado dos pensionistas para a revalorización das pensións, conseguimos recuperar o subsidio de desemprego para as persoas maiores de 52.
“O que se cumpre é o salario mínimo, a revalorización non está garantida por Lei, e no subsidio, queremos que se aplique as persoas en desemprego que cumpren os requisitos para non exluír a centos de persoas en desemprego”, explicou a voceira de En Marea
En materia de Violencia de xénero e en materia de Dependencia, cúmprese unha boa parte do acordado co Goberno, e requerido por En Marea, un pequeno incremento nas partidas orzamentarias destinadas ao cumprimento do Pacto de Estado e un incremento para o financiamento da dependecia en Galicia, pero seguimos atopando enormes carencias en materia de igualdade entre homes e mulleres, violencias sexuais, políticas lgtbi ou en igualación de permisos.
LUGO
O deputado de En Marea no Congreso por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, afirmou que as partidas contempladas no proxecto de Orzamentos do Estado para Lugo “teñen luces e sombras” e criticou a falta de aposta e compromiso do Goberno Sánchez co ferrocarril en Lugo.
Aínda que no cómputo global a cifra total para o territorio lugués medra en relación ao 2018, pasando o orzamento de 60 millóns a 71 millóns despois de anos de significativas reducións orzamentarias, “existen importantes infraestruturas que continúan infra dotadas, caso do tren”.
Neste sentido, critica a “cativa partida contemplada para a conexión ferroviara LAV Ourense-Lugo que recibe só 235.00 euros”. A precaria liña da antiga FEVE, recollida baixo a denominación de “cercanías, rede de ancho métrico” non recibe ningún euro a pesar das denuncias de deficiencias.
En relación á mellora da rede convencional, a electrificación da liña Monforte-Lugo que contempla 5,1 millón “deixa o groso dos investimentos para próximos exercicios coa cifra de 31 millóns para 2020”, igual que a renovación e variantes na liña Monforte-Lugo que para este 2019 consigna 8,8 millóns pero o máis voluminoso fica para vindeiros exercicios. “Nesta materia agardamos que se execute o 100% do consignado e poidan emprenderse o ano vindeiro as grandes inversións”.
No que atinxe ao capítulo de estradas, o deputado de En Marea avalia positivamente que se aumenten as partidas para a mellora da rede viaria estatal en Lugo, así destaca os 12,2 millóns en actuacións de conservación e mellora vial, e os proxectos de adecuación de túneles con partidas de 4,5 e 4,8 millóns”. Nesta cuestión amosa a satisfación de En Marea “porque a presión política levada a cabo por En Marea ao longo da lexislatura denunciando o mal estado de viais, ten un reflexo nos orzamentos”.
Resalta os 5 millóns de euros para a solución da A-8 que “non conta con partidas para o ano 2020, o que de executarse, significa que por fin poderíamos contar cunha solución técnica para circular pola autovía pero para eso é preciso que o grao de execución sexa íntegro”. En canto á A-54, censura os retrasos que fican evidenciados nas partidas para os tramos Arzúa-Melide con 10 millóns e Lavacolla-Arzúa con 16, “o cal indica a demora histórica coa que se está a executar esta autovía”.
No que respecta á I+D+I, no CETAL, e ao igual que nos Orzamentos de 2018, considera que debería recibir maiores partidas.
Fernán Vello afirma que “nesta avaliación de urxencia sobre as partidas para Lugo, observamos melloras pero tamén carencias que trataremos de subsanar no trámite de emendas para que Lugo teña unha redistribución das partidas co fin de poder paliar todos os anos de abandono e redución orzamentaria que sufriu”.




















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



