Burela, 24 de xaneiro, 2019. Novas Xeracións de Burela en colaboración con Novas Xeracións da provincia de Lugo organizan este sábado a partir das once na Casa do Mar burelesa un foro de debate sobre o impacto do Brexit na pesca que contará con profesionais de recoñecido prestixio no sector coma o xerente da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo, Sergio López; a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Mercedes Rodríguez Moreda; e o catedrático de Dereito Internacional da Universidade da Coruña e responsable dos informes impacto do Brexit para a consellería do Mar, José Manuel Sobrino Heredia. Así mesmo, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participará na clausura do mesmo.
O obxectivo deste foro sectorial é “analizar os posibles escenarios que se plantexan para o sector pesqueiro e as incertezas ás que se enfronta ante a saída do Reino Unido da Unión Europea para trasladar respostas á xente do mar”, sinala o responsable da agrupación local de Novas Xeracións de Burela, Aitor López. “Como organización político-xuvenil queremos abrir debates e, neste caso, cremos que se trata dun tema de interese para a comarca dende o punto de visto tanto político coma social ou económico; xa que o Brexit afecta de cheo ao noso sector pesqueiro”, engadiu.
Pola súa banda, a presidenta de NNXX provincial de Lugo, Rosa Arza, asegura que “a nosa formación céntrase en traballar de forma organizada pola provincia, mentres outras se enfrontan a problemas de irregularidades”. Así, “mentres outras non están nin se lles espera, dende Novas Xeracións achegámonos a coñecer a realidade dos sectores produtivos da provincia coma neste caso que apostamos por achegarnos a un dos sectores estratéxicos da economía galega e, concretamente, para a Mariña lucense abordando con representantes do sector pesqueiro os posibles efectos que poida ter o Brexit sobre a pesca”.
Fontes de recursos da provincia
O foro intégrase no proxecto denominado ‘Fontes de Recursos de Lugo’ co que a formación xuvenil pretende “dar a coñecer máis de preto as principais fontes de recursos que xeran emprego e riqueza na provincia”, segundo manifesta Rosa Arza.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



