Barreiros, 25 de xaneiro de 2019. O vindeiro domingo, ás 12 da mañá, en Barreiros soará o rock de Pakolas para, nun concerto dirixido a nenas e nenos, facer vibrar a quen asista ao acto lúdico-reivindicativo na defensa do servizo de pediatría.
A portavoz municipal do BNG, Ana Ermida, explica que “con este acto pretendemos implicar a todo o mundo na defensa dun servizo básico para as nenas e nenos: contar con un servizo de pediatría de proximidade, calidade e permanente; garantindo o dereito á atención das crianzas por persoal especialista.”
Este acto vén sumarse a varias iniciativas que o BNG presentou desde hai meses tanto no Concello coma no Parlamento e pretende poñer o foco na reclamación unánime das veciñas e veciños de Barreiros. “Estamos seguras de que esta demanda a defende toda a poboación. Por iso quixemos organizar un acto simbólico e visual ao que poida acudir toda a familia.”
O acto está previsto que se desenvolva a partir das 12 do mediodía na praza do Concello. Pero de facer mal tempo, realizarase no Centro Sociocultural.
Música de Pakolas para toda a familia.
Pakolas” é Paco Cerdeira, autor e compositor, músico, e tamén produtor de música pensada para @s mais cativ@s. Este é o nome co que lle gusta que o coñezan entre a poboación de curta idade. Ten longa traxetoria neste eido profesional, pasando por grupos como Mamá Cabra do que formou parte durante 10 anos; sendo fundador e formando parte de A Gramola Gominola na actualidade (compositor, guitarra e voz), e presentando tamén un proxecto individual e moi persoal para o público mais pequeno, “Pakolas”, que xa conta con un librodisco no mercado co mesmo nome (Nov 2017, ED Galaxia), e leva xirando coas súas cancións por toda Galicia dende o mes de Abril de 2017 cos seus espectáculos.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



