Nota de Prensa
O BNG INFORMARÁ SOBRE O P.O.L. AOS VECIÑOS DE PEDROSA, CUIÑA, RUETA, FIGUEIRIDO E DAIÁN MAÑÁ NO BAR DE FIGUEIRIDO
Os nacionalistas informaron que decenas de vivendas destes núcleos quedan afectadas pola área de protección e outras fora de ordenación
Cervo, 22 de febreiro de 2010. O BNG continúa realizando actos informativos polos diferentes núcleos de poboación do concello afectados polo Plan de Ordenación do Litoral. Os nacionalistas teñen programado para mañá martes ás 19.00hrs. un acto informativo no bar de Figueirido enfocado nos núcleos de Figueirido, Pedrosa, Rueta, e Daián nos que numerosas vivendas quedan afectadas pola zona de protección e outras fora de ordenación. Para o BNG a negativa do goberno local a crear unha comisión para valoración do POL e emisión de suxerencias deixa na indefensión a moitos veciños e veciñas cuxas vivendas e propiedades están afectadas por diferentes graos de protección.
Decenas de vivendas de Pedrosa, Cuíña, Rueta, Figueirido e Daián afectadas pola zona de protección ou fora de ordenación
Os nacionalistas detectaron na documentación do POL decenas de vivendas afectadas pola zona de Mellora Paisaxística e Medio Ambiental, onde a filosofía do POL determina a paralización de novos usos urbanísticos, nos núcleos de Pedrosa, Cuiña, Rueta, Figueirido e Daián; moitos deles moi por riba da franxa dos 500 mts. da costa, ademais de outras que quedarían na actual redacción do POL fora de ordenación.
A negativa do PP a crear unha comisión municipal para valoración do POL deixa aos veciños e veciñas afectados na indefensión
A negativa do Partido Popular no pleno do pasado venres a crear unha comisión para valorar e emitir suxerencias ás determinacións do POL en Cervo, deixa na indefensión a moitos veciños e veciñas afectados. Para o portavoz nacionalista Xoán Estúa, “o PP equivócase pensando que o POL e defendíbel só porque quen goberna e o seu partido, ao igual que se equivocaba antes cando dicía que o decreto dos 500 mts. hipotecaba a costa”, Estúa lembrou que “o POL en Cervo afecta a casi 600 ha. de solo por riba dos 500 mts. da franxa de costa, moito mais do que había antes co Decreto de Medidas Urxentes aprobado polo anterior goberno bipartito que tiña unha filosofía provisional, mentres o POL ten carácter definitivo.”

















O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.



