LUGO .- Máis de 1.300 autónomos de todos os concellos da provincia e de todos os sectores presentaron solicitudes para o programa de Apoio o Tecido Empresarial segundo indicou a vicepresidenta segunda de Deputación Lara Méndez que sinalou que ““Isto demostra que o Programa de Apoio o Tecido Empresarial, pioneiro nas Deputacións de España, é un éxito”
Nota de Prensa
A Deputación aforra cartos ás PEMES cun programa personalizado anti-crise para facelas máis competitivas
– Aberto o prazo de inscrición para Lugo Compite+, unha iniciativa pioneira e totalmente gratuíta dirixida ás pequenas e medianas empresas do centro da provincia para sobrevivir á crise económica
-O Concello de Lugo contribuirá á captación de empresas ás que a Deputación desprazará expertos económicos para diagnosticar os seus problemas e aplicar estratexias que aseguren a súa supervivencia
– O programa sufragado pola Deputación inclúe 6 semanas de asesoramento individualizado e confidencial, un servizo que no mercado custaría entre 4.500 e 6.000 euros por empresa
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e a Concelleira de Economía e Emprego de Lugo, Sonia Méndez, presentaron este luns Lugo Compite+. Trátase dun novidoso programa anti-crise impulsado polo organismo provincial, totalmente personalizado e dirixido ás pequenas e medianas empresas da zona centro da provincia co obxectivo de facelas máis competitivas para sobrevivir á crise económica.
A provincia conta cunhas 1.300 PEMES, é dicir, empresas de entre 10 a 200 asalariados que, debido a crise, enfróntanse a situacións que cómpren de solucións urxentes para asegurar a supervivencia. “O programa sufragado ó cen por cen pola Deputación de Lugo, polo tanto con custe cero para as empresas participantes, e que denominamos Lugo Compite Máis, vailles axudar a afianzarse da forma máis práctica e profesional”, explicou o Presidente.
A Deputación ofrece ás PEMES 250 horas de asesoramento empresarial personalizado e útil. O titular do organismo provincial subliñou que “en época de crise hai que reiventarse. As administracións deben adaptarse ás necesidades, e promover iniciativas que tornen as dificultades económicas en oportunidades. Por iso, este é un novidoso programa anti-crise que non dicta filosofía, senón que se mete nas tripas e no corazón de cada negocio para solucionar problemas reais. Este é o seu valor engadido”.
Expertos económicos coñecerán in situ, na propia empresa, as oportunidades das participantes fronte ós seus competidores para, primeiro, asegurar a súa permanencia e, logo, consolidar as melloras e potenciar un crecemento sostible. Ademais de ser un programa gratuíto para as PEMES, afórralles cartos porque a contratación desta consultoría suporía un investimento por empresa de entre 4.500-6.000 euros, segundo os prezos reais no mercado de hoxe.
Desenvolvemento do programa
Dende hoxe, a Deputación habilitou na súa páxina web: www.deputacionlugo.org un apartado onde inscribirse. O Concello de Lugo colabora na captación de empresas. Todas as prazas quedarán cubertas rapidamente polo que nos vindeiros días o equipo de consultores comezará a traballar man a man coas empresas inscritas. Durante 6 semanas, e sempre de forma personalizada, analizarán o estado da empresa. Por exemplo: a posición no mercado, o desenvolvemento do produto, rendemento, etc… Diagnosticarán confidencialmente os problemas de cada área empresarial, ensinaranlles técnicas e ferramentas específicas de dirección en tempo de crise, establecerán prioridades e fixarán un calendario para aplicar estratexias de actuación que ofrezan solucións urxentes e prácticas.
Gómez Besteiro subliñou que a Deputación renova o compromiso co tecido empresarial da provincia e que este programa anti-crise engádese a outras medidas máis globais como foron: a redacción do primeiro Plan Estratéxico da Provincia de Lugo; os centros de recría para as razas frisona e rubia, referentes para os gandeiros; a transformación do medio ambiente na oportunidade económica provincial –co Km0, a certificación medioambiental das praias da Mariña, etc-; ou a implantación do programa Innovate para que administración electrónica na provincia permita, por exemplo, a facturación on line ás empresas.
O Presidente explicou que en dous anos “xa contribuímos a manter postos de traballo na Mariña e na Ribeira Sacra, onde preto de 50 empresas aproveitaron os programas da Deputación destinados á difícil sucesión nas empresas familiares. Ofrecimos tamén un programa de creación de empresas ós empresarios lucenses que residen no exterior. Hoxe presentamos este novidoso programa anti-crise para a zona centro da provincia que será extraodinariamente útil”.
Complementario ás axudas para autónomos
Lara Méndez, responsable da área de Promoción Económica do organismo provincial, destacou o esforzo da Deputación neste programa, máis cando este tipo de competencias corresponden á Xunta de Galicia. “A iniciativa complementa o programa de axuda ós autónomos, no que a Deputación investiu en dous anos 1.400.000 euros en subvencións”, explicou. O INLUDES resolverá nas vindeiras semanas as novas axudas dirixidas ós autónomos despois de recibir a derradeira documentación complementaria dos interesados.
A Deputación recolleu dende o mes de outubro máis de 1.300 solicitudes de autónomos de todos os Concellos da provincia e de todos os sectores. “Isto demostra que o Programa de Apoio o Tecido Empresarial, pioneiro nas Deputacións de Espana, é un éxito”, concluiu a Vicepresidenta Segunda.
Póla súa banda, Sonia Méndez aplaudiu a inciativa do organismo provincial, e salientou que “en época de crise é fundamental que todas as administracións poñan en marcha accións a favor das empresas”. Neste senso, lembrou que o Concello de Lugo habilitou un Centro de Empresas e Innovación onde se implantaron unhas 15 entidades. “A supervivencia destas empresas é do cen por cen grazas ó asesoramento que reciben, e a atención personalizada que redunda na súa competitividade segundo marca ademais a Unión Europea. Por iso, o Concello tiña que sumarse ó proxecto da Deputación”, apuntou.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



