Burela, 26 de xaneiro, 2019. Novas Xeracións de Burela en colaboración con Novas Xeracións da provincia de Lugo celebrou hoxe na localidade mariñá unha xornada sobre o impacto do Brexit na pesca.
Este foro sectorial contou coa participación de profesionais de recoñecido prestixio no sector, como o xerente da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo, Sergio López; a directora xeral de Pesca, Agricultura e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Mercedes Rodríguez Moreda; e o catedrático de Dereito Internacional da Universidade da Coruña e responsable dos informes sobre o impacto do Brexit para a Consellería do Mar, José Manuel Sobrino Heredia. Asimesmo a clausura correu a cargo da conselleira do Mar, Rosa Quintana; na que tamén participaron a presidenta do Partido Popular da provincia de Lugo, Elena Candia; a presidenta de Novas Xeracións da Provincia de Lugo, Rosa Arza; e a coordinadora xeral de Novas Xeracións de Galicia, Eugenia Vizcaíno.
Durante o transcurso desta xornada déronse respostas ás incertezas ás que se enfronta o sector pesqueiro ante as diferentes opcións de saída do Reino Unido da Unión Europea destacando a necesidade de que o sector e administracións traballen conxuntamente para estar preparados ante calquera escenario que se poda dar e, deste xeito, saír o máis fortalecidos posibles dun proceso que terá efectos para o sector pesqueiro galego e lucense. Tamén se sinalou a importancia de que a Unión Europea se manteña unida e non que cada Estado libre a “guerra” pola súa conta.
A xornada tivo unha gran afluencia enchéndose o salón de actos da Casa do Mar de Burela cun centenar de persoas.
Fontes de recursos da provincia
A presidenta de NNXX de Lugo, Rosa Arza, manifestou que “a nosa organización está a desenvolver distintas actividades para achegarnos a coñecer a realidade dos sectores produtivos da provincia coma neste caso que apostamos por achegarnos a un dos sectores estratéxicos da economía galega e, concretamente, para a Mariña lucense abordando con representantes do sector pesqueiro os posibles efectos que poida ter o Brexit sobre a pesca”.
O foro integrouse no proxecto denominado ‘Fontes de Recursos de Lugo’ co que a formación xuvenil pretende “dar a coñecer máis de preto as principais fontes de recursos que xeran emprego e riqueza na provincia”, segundo explicou Rosa Arza.






















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



