Lugo, 30 de xaneiro de 2019. O espectacular evento Illa Pancha Challenge tivo lugar ao longo deste mércores, na contorna da Illa Pancha de Ribadeo. Ao rematar a xornada o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, fixo entrega dos trofeos outorgados aos tres mellores surfistas, no Porto Deportivo da vila mariñá. Este evento internacional contou cunha achega de 12.000 euros por parte do Goberno Provincial, que converteu á Deputación na principal administración patrocinadora da cita.
Campos Conde destacou que “despois de varias semanas de espera, por fin puidemos desfrutar destes 24 valentes que cabalgaron sobre a onda xigante do Panchorro, grandes deportistas de recoñecido prestixio internacional que fixeron de Lugo o epicentro do surf mundial. Un evento que seguiron milleiros persoas, as que se achegaron ata Ribadeo, e as que o seguiron online, a través das webcam. Unha experiencia que será difícil de esquecer para todos os mariñaos”.
Entre os participantes estiveron figuras de renome como Natxo Gonzalez, biscaíño, terceiro na competición de Nazaré de 2018; Pierre Rollet, fracés, último gañador do Punta Galea Challenge, Everaldo Pato, un dos surfistas brasileiro máis recoñecidos ou Axi Muniain, guipuscoano, experto en ondas xigantes que se atreve a surfear incluso durante tormentas.
“O surf é un dos deportes con maior crecemento en toda Europa, constitúe en si mesmo un atractivo turístico, tanto para os surfistas como para moitos seguidores, como ben demostra toda a xente que nos acompañou durante esta xornada. Desde o Goberno da Deputación cremos no surf, na súa potencialidade e nos beneficios que traerá a todos os lucenses converter A Mariña nun grande punto de interese deste deporte, atraendo a milleiros de visitantes e conseguindo desestacionalizar o turismo na provincia. Un espello no que mirarnos é a vila de Peniche, no centro de Portugal, que mantén o seu espírito e tradicións mariñeiras ao tempo que miles de turistas se achegan a ver as súas espectaculares praias cheas de surfistas” sinalou Campos Conde.
Os trofeos entregados foron feitos con materiais reciclados recollidos do mar, unha mostra máis do traballo en prol da sustentabilidade que se levou a cabo desde a organización do evento e que foi unha das claves do interese do Executivo Provincial á hora de patrocinar o campionato.
Xurado e puntuacións
Clyde Martin, surfista sudafricano, afincado desde hai máis de 20 anos en Ferrol liderou un grupo de oito xuíces, entre os que tamén estivo Ibon Amatriain, pioneiro do surf de ondas xigantes en España e primeiro surfista en cabalgar O Panchorro. Os árbitros puntuaban as dúas mellores ondas de cada manga, cuns varemos de velocidade potencia e control, sempre na zona máis crítica da onda; a mellor onda puntuaba dobre, mentres a segunda tiña unha puntuación simple.






















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
