Ribadeo, 31-1-19. Lembremos que o día sete de setembro de 2018 o colectivo «Por nuestro faro» presentou un escrito no Concello de Ribadeo con alegacións ao proxecto de legalización dunha fosa séptica. No escrito pedíamos que o propio concello estudase o proxecto, presentase as suas alegacións, e solicitábamos diversas informacións sobre o criterio do concello para acordar licencias nese contexto. Ao non recibir resposta, o día 10 de outubro presentamos un novo escrito acolléndonos á lei de transparencia. Tres meses despóis, o día nove de xaneiro de 2019 remitimos unha reclamación á Valedora do Pobo de Galicia tralo incumplimento polo concello do prazo de resposta que esixe a devandita lei. Ao mesmo tempo demos unha nota de prensa.
Pois ben, o 16 de xaneiro, -con un mes de retraso dacordo ca norma devandita pero ao día seguinte de sair a nosa nota de prensa (!)-, recibimos un correo que non podemos calificar de resposta por parte do Concello. Certo, o Sr. Alcalde non resposta a nada do que se lle preguntou e maiormente sobre dous puntos clave : ¿Cómo é posible que en agosto de 2018 se presente un proxecto de legalización dunha fosa séptica construída desde abril de 2017 ?. e ¿cómo se explica que se conceda e non se revise unha licencia de actividade nestas condicións?
Desde o punto de vista da responsabilidade do Concello, a situación é ainda máis grave agora, xa que no seu escrito o alcalde recoñece non saber se a fosa conta con todolos permisos. Por outra banda, despois dunha denuncia do noso colectivo ao Seprona, descubriuse que a ubicación da famosa fosa séptica foi cambiada de sitio sen proxecto nen autorización de nengún tipo, e iso é algo do que alcalde está perfectamente informado.
Non repetiremos aquí as numerosas contradiccións do proxecto, que por outra banda poden atoparse nos escritos e documentos publicados na nosa páxina de facebook, aberta ao publico, e nos medios de comunicación, sinxelamente lembraremos o desprezo total das normas de protección da Rede Natura 2000 (esixidas catro veces polo Defensor del Pueblo) e a mención no texto do proxecto dunha norma de Impacto Ambiental de 1986, que hoxe conta polo menos con 5 modificacións posteriores (a última do ano 2018).
Pero así están as cousas e o Sr. Alcalde non quere nin contestar nin indagar. E chegados a este punto, cabe preguntarse ¿qué estranos misterios ou segredos se esconden neste longo asunto da illa Pancha? ¿Por qué se nos remiten informes técnicos que non pedimos nin discutimos e non se nos dan respostas concretas a preguntas sinxelas que calquer goberno democrático debera ter como unha obriga indiscutible?.
Pola nosa banda remitiremos hoxe mesmo esta información á Valedora do Pobo, como procede nos casos nos que non se respeta a lei de transparencia, para que se tomen as medidas axeitadas e que o noso colectivo obteña a información requerida no exercicio dos nosos dereitos garantidos pola devantita lei e incumplidos reiteradamente polo Concello de Ribadeo.
Colectivo « Por nuestro faro »






















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.



