A Mariña 31-1-19. Pontevedra é a cidade escollida pola Asociación de Medios en Galego (AMEGA) para celebrar a súa II gala. O evento serve de aposta por un futuro no que o uso da lingua galega se faga efectivo en tódolas temáticas abordadas dende os medios e faino na conmemoración da saída á luz do xornal O Tío Marcos da Portela, o 7 de febreiro de 1876. Así o lembrou o presidente da Asociación de Medios en Galego, Henrique Sanfiz, que engadiu que o Parlamento de Galicia fixo unha declaración institucional para establecer precisamente esa data de saída do xornal como o Día dos Medios en Galego.
Henrique Sanfiz fixo unha invitación a compartir esa celebración acompañado de Alberto Oubiña, concelleiro de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, e Xosé Leal, responsable de Cultura na Deputación de Pontevedra. Ambas administracións respaldan a gala de AMEGA, que ademais contará coa presenza de Touriñán. Será unha oportunidade de disfrutar do seu humor, pero tamén da música de Uxía Pedreira. Polo demais, alí estarán representantes da Asociación Cedofeita, Anxos Sobriño, de Cotenol, e Kiko da Silva, en representación do eido da banda deseñada, entre outros. O evento pecharase coas intervencións de secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, e do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
En definitiva, a II Gala dos Medios en Galego servirá para animar a outros medios a utilizar o galego e así o reclamaron tanto Alberto Oubiña como Xosé Leal. Para o concelleiro de Normalización Lingüística de Pontevedra a existencia de medios en galego ten tres vertentes: a cultural, a informativa e a de creación de emprego. Xosé Leal lembrou que é fundamental o apoio das administracións aos medios en galego para dar, asegurou, “unha situación de normalidade a unha aposta” que cre que ten que ser clave tanto na empresa privada como na pública. En definitiva, é unha aposta clara por “dar normalidade á lingua” en tódalas seccións dos medios de comunicación.
En canto a gala, comezará ás 12 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra. Para asistir é necesario recoller invitación. Estas estarán dispoñibles a partir das once da mañá deste xoves 31 na Alcaldía do Concello de Pontevedra e no Museo de Pontevedra. Quen queira recollelas en horario de tarde poderá facelo a partir das 18 horas deste mesmo xoves na Librería Paz, na Rúa Peregrina.
AMEGA
A Asociación de Medios en Galego está formada por prensa, diarios en internet e radios. Na actualidade son 40 os que forman parte do colectivo. Dende a Asociación resaltan que o uso de internet abarata a producción e por iso cada vez son máis os que utilizan este vehículo para informar na nosa lingua.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



