Viveiro, 30 de xaneiro de 2018. O 28 de decembro de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, na que, entre outras cuestións, se realizou unha modificación da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Esta modificación afectou aos artigos 21 e 22 da Lei 3/2007; co fin de explicar á veciñanza os cambios referidos e as súas obrigas como propietarios/titulares de parcelas, o concello publicou o 27 de abril de 2018 un bando, que foi distribuído por todo o municipio. Entre a información referida, lembrábase que as persoas que resulten responsables consonte o artigo 21 ter procederán á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especias arbóreas, antes de que remate o mes de maio de cada ano.
A entrada en vigor das modificacións referidas supuxo un aumento considerable dos expedientes a tramitar polo concello, nos que se inclúen os expedientes incoados a partir de denuncias veciñais, aqueles que son tramitados de oficio e aqueles expedientes que son remitidos pola Consellería de Medio Rural e o Seprona, tamén a partir de denuncias veciñais ou a partir de denuncias de oficio de ambas administracións.
Dito isto, cabe destacar que dende xaneiro de 2018 o Concello de Viveiro tramitou un total de 50 expedientes requirindo a limpeza de biomasa e retirada arbórea en parcelas situadas en solo rústico. Ademais, tramitáronse 70 expedientes de orde de execución requerindo a limpeza de fincas en núcleos e solo urbano; destes 70 expedientes, 46 continúan en trámite, mentres que 24 foron arquivados tras comprobar que os propietarios ou titulares das parcelas realizaran as labores de limpeza requiridas.
Neste momento, estanse a tramitar outros 3 expedientes para a execución subsidiaria, por parte do concello, da limpeza de fincas en núcleos ou solo urbano por descoñecemento do titular ou por imposibilidade de notificación. Polo mesmo suposto -descoñecemento e imposibilidade de notificar aos propietarios-, en 2018 o concello xa executara subsidiariamente a limpeza de dúas parcelas, tamén en solo urbano.
Estas cifras, un total de 125 expedientes, demostran os esforzos e tramitacións realizadas polo Concello de Viveiro dende xaneiro de 2018 co fin de garantir o cumprimento do establecido na normativa existente ao respecto.
























Subliñou tamén a unión veciñal arredor desta cita gastronómica, que comparte protagonismo con outras festas da contorna. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, incluído nun programa que reúne artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, terá lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



