Foz, 2-2-19. Tódolos anos o catro de febreiro aparecen múltiples noticias de apoio a investigación e os medios dispoñibles para aliviar o sufrimento dos nosos seres queridos afectados de cancro. Cada ano organizacións e persoas únense para manifestar a súa loita contra o cancro e sen deixar o protagonismo individual, tan solo por un día, todo se converte en un inmenso mar de informacións confusas que lonxe de cumprir un obxectivo solidario crean un ambiente de dubida e de distracción sobre o obxectivo principal do día mundial contra o cancro.
O día mundial contra o cancro nace co obxectivo de aumentar a concienciación sobre a enfermidade e mobilizar a toda a sociedade sobre a necesidade de avanzar na prevención e control da mesma. Moitos tipos de cancro podíanse prever evitando a exposición a determinados factores de risco e hábitos de vida pouco saudables e con elo lograríamos un paso importante na curación.
Todas as acciones preventivas, en maior ou menor medida, van encamiñadas a detección temperá de calquera tipo de tumor e esta situación axúdanos a subir ese porcentaxe de curación mediante a ciruxía, radioterapia e quimioterapia. Por elo, e importante a información que todos debemos transmitir o catro de febreiro e a financiación a investigación porque constitúen os mellores camiños para salvar vidas.
Dende a Delegación local de Foz da Asociación Española Contra o Cancro queremos facer chegar un mensaxe sobre o verdadeiro significado do benestar dos pacientes e o que elo implica en atención sanitaria, psicolóxica, social e comunitaria. Por elo, en un día tan importante coma este, queremos insistir no importante que é participar nos programas de prevención da enfermidade.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



