Foz, 2 de febreiro de 2019.-O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, reuniuse co delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, ao obxecto de trasladarlle a necesidade de acometer unha serie de obras de mellora nos centros educativos da localidade.
Entre as obras propostas está a renovación dos canlóns de augas pluviais no CEIP O Cantel, actuación que complementa e completaría os traballos executados durante o verán neste mesmo centro coa mellora da cuberta do pavillón.
O alcalde tamén solicitou a substitución da caldeira do CEIP número 1. A iniciativa permitirá modernizar o sistema de climatización actual por un moito máis eficiente desde o punto de vista enerxético e funcional.
Desde a administración autonómica non só toman nota destas dúas actuacións senón que incluso veñen de confirmar que serán executadas nas próximas semanas con cargo ao fondo RAM (Reforma, ampliación e mellora) cunha achega que supera os 23.000 euros.
Remodelación en profundidade
O rexedor tamén pediu que a Xunta valore unha remodelación en profundidade do colexio número 1, que xa no ano 2013 celebrara o seu 50 aniversario. O delegado comprometeuse a estudar esta posibilidade de común acordo coa unidade técnica que valorará as necesidades do centro.
Cómpre lembrar que esta mesma semana coñecíamos que a Xunta ten previsto executar unha obra de ampliación e mellora do instituto de Foz, en concreto do salón de actos, comedor e cafetería de prácticas, para a que se reservan 300.000 euros.
Castiñeira agradeceu a receptividade e boa dispoñibilidade do delegado da Xunta “para atender as nosas demandas” e destacou o bo traballo dos equipos de dirección dos centros educativos da localidade.




















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



