Lugo, 6 de febreiro de 2019. 9.000 persoas de 96 asociacións e colectivos da provincia practican 650 horas mensuais de deporte co Movémonos da Deputación. Trátase do programa co que o Executivo Provincial achega monitores deportivos aos concellos de menos de 5.000 habitantes, a través de asociacións de veciños e entidades sociais, que poden elixir entre diferentes tipoloxías de actividades segundo as súas necesidades. Ante o éxito desta programación e a elevada demanda dos veciños o Goberno da Deputación decidiu continuar co Movémonos ata final da primavera.
O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, explicou que “moitos dos usuarios repiten ano tras ano neste programa que non só supón unha iniciativa en prol da actividade física en colectivos e concellos, se non que tamén ten carácter social, ofrecendo un lugar de encontro entre os veciños, fomentando o lecer alternativo e saudable ademais das interaccións sociais”.
Outra liña de traballo do programa Movémonos, busca vencer os obstáculos e achegar os deportes a quen o ten máis difícil, como os colectivos de persoas con capacidades diferentes ou asociacións que traballan con xente en risco de exclusión social.
Actividades
As actividades impartidas repiten un ano máis dada a gran acollida que teñen. As asociacións tiveron a oportunidade de escoller entre todas as ofertadas para adaptarse as necesidades e especificidades dos usuarios. Estas son:
– Multideporte: Actividade de carácter deportivo multidisciplinar. Esta actividade dá a posibilidade de iniciarse en varios deportes coa finalidade de que se poida escoller o que máis adecúe ás posibilidades e/ou intereses das persoas participantes.
– Ximnasia de mantemento: Actividade dirixida que se basea nun conxunto de actividades encamiñadas á conservación e mellora da condición física, alcanzando un estado físico óptimo mediante o desenvolvemento de exercicios físicos de mantemento, tonificación e coordinación de forma xeral.
– Acondicionamento físico e aeróbico: O aeróbic é un tipo de exercicio capaz de estimular a actividade cardiovascular e respiratoria durante un tempo o suficientemente longo, como para producir no noso corpo determinados beneficios como mellorar a saúde, previr enfermidades, mellorar a forma física, incrementar o ritmo metabólico, eliminar graxas de reserva e reducir a tensión.
– Pilates: Traballa a musculatura profunda e superficial unindo aspectos do concepto de actividade física occidental e oriental a través de exercicios dinámicos, control do movemento, fluidez e respiración.
– Actividades para persoas con capacidades diferentes: Actividade física baseada na adaptación da tarefa ás capacidades de cada individuo. Dentro deste tipo de actividade englóbanse todas aquelas modalidades deportivas que se adecúan a persoas con diferentes capacidades, ben porque se realizaron unha serie de adaptacións e/ou modificacións para facilitar a práctica a ese colectivo, ou porque a propia estrutura do deporte permite a súa práctica sen adaptacións relevantes.
– Ximnasia Rítmica: A ximnasia rítmica é unha disciplina que combina elementos de ballet, ximnasia, danza e o uso de diversos aparellos como a corda, o aro, a pelota, as mazas e a cinta.
96 Asociacións da provincia
En total 96 asociacións de 47 concellos repartidos entre todas as comarcas da provincia, participan no programa, sumando catro novas con respecto ao ano pasado, e chegando a un novo concello: Portomarín, a través da AA.VV. De Vilar (Vilaxuste).
Mariña
Alfoz
San Vicente de Lagoa
Barreiros
Asociación O Cazcallal (Vilamar)
Asociación Irmandade San Caetano
Asociación Mulleres Rurais Tea De Araña
Burela
Asociación Camiña
Asociación De Axuda Ó Enfermo Mental “A Mariña”
Fundación Euson
Afan Burela (Alzheimer)
Cervo
Asociación Veciños Burgo De Trasbar
A.V. San Román De Vilaestrofe
Asociación de Axuda ao enfermo mental A Mariña
Foz
A. Asistencial Virxe do Carme de Foz
Lourenzá
Asociacion Veciños O Refuxio De San Xorxe
A.V. A Cazolga
Escolas Deportivas Lourenzá
Mondoñedo
Centro San Pablo E San Lázaro
Asociación De Veciños O Castelo De Oirán
Escola Do Carmen
Ourol
Asociación Irmáns Vilar Ponte
A Pontenova
Udp Val De Miranda
Ribadeo
A Mariña-COGAMI
Trabada
Asociación Os Tres Pes
Asoc. De MMRR Marco da Pena Verde
Valadouro
Club de Baile Goldance
Viveiro
Aspanane 1
Aspanane 2
Afavi
Xove
A Mariña – COGAMI
Terra Chá
Begonte
A.V. Os Milagros de Saavedra
A. Cultural Deportiva San Vicente de Pena
Asociación Cultural Ilán
Asociación Feira do Barrazoso de Gaibor
Asociación de Veciños de Carballido
Castro De Rei
Cruz Vermella Castro Ribeiras Do Lea
Cospeito
UDP Cospeito
A.C. Aquilino Iglesias Alvariño (MUIMENTA)
Meira
Asociación Cultural Eme De Meira
Monterroso
Taller Prelaboral Monterroso
A Pastoriza
Asociación Cultural Zampalladas
Asociación Crecente
Asociación Lume Novo
Asociación Fonmiñá
Asociación Cultural Veciñal A Rigueira
Asociación de Veciños Campo Cruceiro
Pol
UDP De Pol – Local Mosteiro
Xermade
Asociación de Veciños Cazas
Asoc. De Mulleres Rurais Saudade Momán
Asociación de Veciños Roupar
Lugo
O Corgo
AA.VV. Marei
Laxe Blanca
A.X.C. San Miguel de Pedrafita
Asoc. Cela-Ponte de Neira
Friol
Asoc. Carballo Vivo
Guntín
AA.VV. Sta. Eulalia de Lousada
Lugo
Asociación Párkinson Lugo
AFALU
ASPNAIS
ADACE LUGO
ALUME
COGAMI CRD FINGOI (Aula ocupacional)
Asoc. Raiolas Lugo
CAPACES
Fundación Secretariado Xitano
Fundación Juan Soñador
AECC
Cruz Roja Española en Lugo
Portomarín
AA.VV. De Vilar (Vilaxuste)
Rábade
Asoc. Xubilados Rábade
Ulloa
Antas
Asociación de veciños de Olveda
Monterroso
Taller Prelaboral Monterroso
A Montaña
Baleira
UDP Baleira
Baralla
AS. OS MALUGREIROS
As. Veciñal a Porta dos Ancares
Becerreá
Asociación de amas de casa Urugallo
Cervantes
C.D.R. Ancares
Navia de Suarna
Mulleres Rurais Ledicia
Negueira de Muñiz
As Nogais
Asoc. Veciños Doncos
Ribeira de Piquín
Asoc. De Mulleres Rurais O Chao
Lemos e Chantada
Bóveda
A Lagoa
Asociación Veciñal San Bernardo
Asociación Mm.Rr. Amencer
Asociación San Cristobal De Martín
Carballedo
Asociación Mulleres Rurais De Carballedo
Monforte De Lemos
Afamon
Auxilia Monforte
Pobra De Brollón
Ampa Brollón
O Saviñao
A.A.V.V. San Martiño De Vilelos
Asociación Cultural Lavandeira
Taboada
A.V. Santa Mariña De Cerdeda
Asociación Cultural MMRR Santa Lucía
As. Cultural As Fachas
A.V. San Xulián do Campo
Sarria
O Incio
Asoc. Amigos do Patrimonio
Láncara
Asoc. Mulleres O Noso Lar (Pobra de San Xiao)
Paradela
Asoc. Cultural Castro de Rei de Lemos
Samos
COMPALGO-Fundación o Noso Lar























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



