Mondoñedo, 6 de febreiro de 2019.- Mondoñedo celebrará o seu tradicional desfile de Entroido o sábado 9 de marzo. A alcaldesa, Elena Candia, xunto ao edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García; e ao presidente da Asociación de Comerciantes e Industriais de Mondoñedo (ACIAM), Ángel Marful, presentaron o cartel anunciador dos festexos deste ano, durante os que se repartirán 5.000 euros en premios.
Dende o Concello anualmente amósanse comprometidos coa celebración do Entroido co obxecto de dinamizar e impulsar o tradicional desfile da cidade, “ao que acoden participantes chegados de diferentes puntos da comarca e mesmo de fóra da Mariña”, explican.
O desfile celebrarase a partir das 17:30 horas. Sairá do Campo dos Paxariños, encabezado pola carroza da raíña do Entroido, e percorrerá a Avenida San Lucas e as rúas Obispo Sarmiento, Andrés Baamonde e Progreso. Finalizará na Praza da Catedral.
O prazo de inscricións está aberto e os interesados poderán anotarse tanto a través do correo electrónico entroidomindoniense@gmail.com como no portelo da Casa do Concello (primeiro andar). Pódese obter máis información a través do teléfono 619 879 499.
Categorías e premios
A bases do Entroido mindoniense establecen a posibilidade de participar en función da idade, nas categorías infantil ou adultos. Considérase infantil a integrada por participantes menores de 12 anos e no apartado de grupos infantís, máis da metade dos seus compoñentes deben ser menores de doce anos.
Os adultos poderán anotarse nas seguintes categorías: comparsas e charangas; grupos de 3 a 10 membros; grupos de máis de dez membros; parellas e individuais. Os infantís participarán nas categorías de grupos, parellas ou individuais.
Repartiranse 5.000 euros en premios con seis galardoados na categoría de comparsas e charangas e once premiados na de grupos tanto de adultos como infantís; ademais haberá seis galardóns para as parellas de adultos e infantís e outros seis en individuais.
Actuacións musicais
A programación tamén inclúe a partir das 20:00 horas actuacións musicais na praza do Concello da man de formacións mindonienses como son a orquestra Principal e o Grupo Xuventude, “como aposta clara do Goberno local polo grupos e músicos locais”.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



