Burela, 16 de febreiro de 2019. As monitoras do Centro Gaia, pertencentes á Concellería de Medio Ambiente de Burela, acompañaron ao alumnado de 5 º de Primaria do CEIP Virxe do Carme nunha ruta titulada Burela histórica, para coñecer e visitar algúns dos elementos do patrimonio natural, cultural e histórico do concello como a fonte da Lamela, xunto co seu lavadoiro, o castiñeiro centenario, a igrexa da Vila do Medio e un par de hórreos desta mesma zona.
Segundo explican as propias monitoras de Gaia “os obxectivos desta saída foron que os rapaces coñeceran as nosas raíces, cómo se vivía en Burela antigamente, que Burela nos séculos XVI e XVIII destacaba pola pesca da balea franca e como esta actividade supuxo un enorme recurso económico. Coa visita ao lavadoiro os rapaces aprenderon costumes xa esquecidos na nosa época. E grazas á visita á igrexa da Vila do Medio coñeceron a arquitectura e as pinturas que ten este templo, que é do século XV, aínda que tivo unha ampliación no XVIII”.
Gaia considera “de enorme importancia facer este tipo de saídas polo pobo, que nos ofrecen a oportunidade de coñecer mellor o noso e aprender a respectalo e valoralo como se merece”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



