Lugo, 20 de Febreiro de 2019. A Deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, mantivo un encontro no Centro de Transformación para o Transporte cos 37 alumnos que comezaron esta semana a formación para acadar o permiso de conducir. Trátase dunha iniciativa posta en marcha pola Asociación Magrebí Española para a Integración e Solidariedade (AMEIS), co apoio do Goberno da Deputación, mediante a que persoas con dificultade na utilización dos idiomas oficiais da comunidade poderán acceder á formación en árabe.
López Izquierdo sinalou que “dende o Goberno da Deputación mantemos un firme compromiso por conseguir a plena igualdade entre os diferentes colectivos sociais que constitúen a nosa sociedade. Neste senso, a través desta iniciativa facilitamos que persoas que teñen máis dificultades para integrarse na comunidade e, polo tanto, en risco de exclusión social polo seu país de orixe, poidan acceder a unha formación que lles permita obter o permiso de conducir”.
Taller de conducir bilingüe
Esta iniciativa diríxese a todas aquelas persoas que estean interesadas en acadar o permiso de conducir e que teñan dificultade na compresión oral e escrita. Dende a asociación, en primeiro lugar fórmanse grupos de traballo para aquelas persoas que non entenden o castelán, dándolles deste xeito unha formación básica. AMEIS conta cunha aplicación informática que explica os conceptos en árabe e na que esperan poder incluír outros idiomas. As clases son de carácter teórico co fin de que os alumnos aprendan coñecementos básicos da circulación para poder examinarse.
Máis actividades
Ademais desta iniciativa, AMEIS realiza outro tipo de actividades co fin de favorecer a inserción laboral deste colectivo; un taller de pediatría e outro de xeriatría co obxectivo de dar coñecementos básicos, motivación, aprendizaxe e técnicas para que os alumnos poidan desenvolverse unha vez acabado o curso nun posto de traballo. Unha vez finalizados estes talleres os alumnos reciben uns certificados de asistencia.






















Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



