Ribadeo, 20 de febreiro de 2019. Todo está listo para a celebración da VIII Gala de Acisa, que terá lugar este venres, día 22, no Parador de Turismo de Ribadeo. Trátase dunha cita especial porque supón a conmemoración do 30 aniversario de creación da asociación e a entrega dos galardóns a toda unha carreira a catro coñecidos empresarios, que se xubilaron nos últimos meses.
A VIII Gala de Acisa dará comezo ás 21:30 horas. Previamente haberá un photocall “para que todos e todas os que desexen teñan un recordo da velada. Animamos a todos a asistir con tempo suficiente para facer as fotos e aproveitar e intercambiar impresións entre os asistentes”, explican desde a directiva de Acisa. E lembran que “esta cita é aberta a todo o público que queira acompañar aos homenaxeados nesta edición e aos asociados e asociadas da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos”.
O grupo La Malquerida amenizará a velada. “Trátase dun grupo que xa pasou polo Ribadeo Indiano e tamén estivo con nós na Noite Cálida, organizada por Acisa, o pasado verán. Quixemos que estivesen con nós na Gala deste venres, porque nos consta o que gusta escoitalos”, engaden desde Acisa.
Os galardóns a toda unha carreira serán entregados a Ramona Reigosa García, de Bar A Ribeira, José Luis Botana Veiguela, de Calzados Botana, a Ramón Leivas Lavandeira, do concesionario Ford en Ribadeo, e a Carmen Valdés Múñiz, de Perruquería Carmen.
Xa confirmaron a súa asistencia á VIII Gala de Acisa, entre outros, a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o alcalde, Fernando Suárez, a concelleira de Comercio e Turismo, Ana Martínez, o presidente da Deputación, Darío Campos, o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, e o presidente da Federación de Comercio A Mariña, José Carlos Paleo.
A venda de entradas para asistir á Gala anual de Acisa aínda se pode realizar ata mañá nas oficinas da asociación, na rúa Viejo Pancho 13-baixo, ou en Gráficas Ribadeo, na rúa San Roque, 30.
A cea consistirá nun primeiro prato de conchas do peregrino recheas de froitos do mar, un sorbete servido por cortesía do Parador de Turismo, morcillo de tenreira estofado con pataca noisette e de postre browni con noces e xeado de turrón. O prezo é de 30 euros e os asistentes levarán ademais un recordo de conmemoración do trinta aniversario de Acisa
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, anima a asistir a esta cita: “cúmprense 30 anos da creación da nosa asociación , 30 anos de vida e de traballo. E penso que é un bo momento para departir, para cambiar impresións, para deixar as nosas empresas por unhas horas e compartir unha velada agradable entre todos e todas as asistentes. Queremos celebrar que somos empresarios, comerciantes, hostaleiros, que traballamos día a día para sacar adiante os nosos negocios. Un día ao ano temos dereito a celebrar o que somos. Merecémolo”.
A Gala de Acisa será conducida pola xornalista Carmen Cruzado.






















Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



