Lugo, 26 de febreiro de 2019. O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, e o Alcalde de Meira, Antonio de Dios Álvarez, presentaron este martes o Campionato Galego de Seleccións Comarcais de fútbol sala, que se celebrará entre os días 2 e 4 de marzo, nos concellos de A Pontenova, Trabada e Meira. No acto tamén participaron membros da Federación Galega de Fútbol, como o Presidente do Comité Galego de Fútbol Sala e Vicepresidente da RFGF, Pablo Prieto, e o Vicepresidente da RFGF, Carlos Méndez ‘Negrín’.
Neste campionato, de carácter anual, competirán as seleccións comarcais de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e A Mariña, nas categorías de benxamín (mixto), alevín (mixto e feminino) e infantil (masculino e feminino).
O Presidente explicou que “serán 60 partidos, nos que participarán unhas 120 persoas entre xogadores e corpo técnico, que atraerán a cada sede a preto de 500 espectadores os días de competición. Un pulo moi importante para os concellos, nos que durante esta fin de semana multiplicaremos a nosa poboación, dinamizando a economía da contorna”.
Practicamente todas as seleccións presentarán equipos en todas as categorías, en dúas xornadas deportivas que se celebrarán desde as 9:30 horas ata as 21:00 horas. “É unha honra para os nosos concellos e para a Provincia, que veñan todos estes rapaces e rapazas, que teñen un gran nivel competitivo. Desde a Federación fixeron unha aposta clara polo deporte no rural, unha aposta que compartimos dende o Goberno da Deputación” destacou Campos Conde.
García Bermúdez remarcou que “o ano pasado xa celebramos a Final do Campionato nos concellos da Pontenova e Trabada, nas categorías de alevín e infantil, e este ano ampliamos as categorías e engadimos o terceiro vértice, que é Meira, para formar un triangulo onde o fútbol sala base sexa protagonista”.
Ademais o Presidente quixo salientar que: “desde que as federacións de fútbol e fútbol sala son a mesma, poderán participar no encontro rapaces das canteiras do Celta de Vigo, do Deportivo da Coruña ou do CD Lugo, rapaces que de seguro en breve poderemos ver en categorías sénior de grandes equipos galegos, ademais que os gañadores poderán representar a Galicia no Campionato Nacional.”
Programa do torneo
Sábado, 2 de marzo
– Alevín mixto: Trabada
– Benxamín mixto: Meira
– Infantil feminino: A Pontenova
Luns, 4 de marzo
– Infantil masculino: A Pontenova
– Alevín feminino: Trabada






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
