Burela, a 27 de febreiro de 2019.- O Concello de Burela celebraba este mércores pola mañá o pleno ordinario no que se debateron asuntos importantes que “demostran a decadencia do alcalde e o seu equipo de Goberno –caracterizados pola falta de sensatez, seriedade e rigor- neste últimos tres meses deste mandato, tres meses antes das eleccións municipais”, segundo o Grupo Municipal Popular.
Os edís populares explicaron que “o primeiro punto más destacable é o da aprobación dos pregos para a contratación do servizo de lizo, limpeza viaria, limpeza de praias e xestión do punto limpo sobre o que o alcalde ten un empeño, ata certo punto obsesivo, por deixar adxudicado este servizo antes dos próximos comicios municipais a pesar de que na pasada campaña o Partido Socialista prometera que tanto este servizo coma o de abastecemento de auga ía ser xestionado directamente polo Concello. Esta actitude é sorprendente: en primeiro lugar porque estes pregos encarecen o servizo en 109.000 euros ao ano con respecto ao prezo de licitación do actual contrato e, en segundo, porque están as eleccións á porta e, nese sentido, o máis lóxico sería pensar que a próxima corporación municipal fose a que tomase as decisións oportunas ao respecto”.
“O señor Llano está sorprendentemente empeñado en sacar adiante este asunto a pesar de que despois de case catro ano de mandato o mercado continúa no mesmo sitio, non hai ordenanza de terrazas, non se fixo nada sobre a traseira de Capitanía, nin sobre o parque empresarial do Perdouro, nin sobre o novo pavillón. Pero agora resulta que hai moitas ganas de traballar para sacar adiante este asunto da limpeza cando se encarece o servizo”, indican dende o Grupo Municipal do PP. “Ningún alcalde con sentido común aprobaría a estas alturas do mandato un novo contrato cun encarecemento tan alto e por un prazo de tempo tan elevado: catro anos máis un de prórroga”, aseguran.
Modificación do presuposto
Outro dos puntos destacables desta sesión plenaria era a modificación do presuposto, concretamente nas bases de execución referidas ás subvencións nominativas. “Isto demostra de novo a falta de seriedade, rigor e a improvisación do equipo de Goberno á hora de elaborar o orzamento ao propoñer agora quitar a unhas para darlle a outras”, advirten os populares que recordan que “o día 7 deste mes se celebrou un Pleno no que se resolveron as alegacións presentadas polo Grupo Municipal Popular con respecto aos orzamentos municipais para o presente ano onde defendemos que as subvencións municipais contempladas para este ano incumprían o plan estratéxico de subvencións 2017-2018-2019 aprobado en 2017 a proposta do alcalde”. Os populares xa advertiran dunha “diminución importante da contía das subvencións, fundamentalmente no que se refire a servizos sociais”.
“Todos sabemos que un orzamento municipal é un documento vivo, pero este en concreto é un documento moi vivo cando hai só 20 días non se contemplaba esta modificación e fai só uns días que entraron en vigor coa súa publicación no BOP”. Polo tanto, dende o Grupo Municipal Popular consideran “un pouco grotesta esta modificación porque non se fai para contemplar partidas presupostarias para a adquisición de, por exemplo, terreos para o novo pavillón ou para a ampliación da nova gardería”.
Edil derrochador
Para os edís populares, o terceiro asunto relevante é “o do edil derrochador que temos na corporación municipal, o concelleiro de cultura e educación que quere ser centro de atención de toda a cidadanía; pero o certo é que gasta os cartos da súa delegación e tamén os que non son da súa delegación e, polo tanto, logo quedan facturas sen pagar”. En concreto, “se no ano 2017 quedaron facturas sen pagar por este motivo por importe de máis de 50.000 euros, no ano 2018 as facturas que quedaron sen pagar porque o concelleiro de cultura e educación gastou os cartos que non eran da súa delegación ascenden a 53.500 euros”. En definitiva, “señor concelleiro e señor alcalde, así fai festas e cultura calquera”, indicaron.
Dende o Grupo Municipal do Partido Popular lamentan que “isto ocorra sen que o alcalde tome medidas a pesar de que o ano pasado houbo informes contundentes dos técnicos municipais. Este ano volve haber informes na mesma liña”.
Insisten tamén os populares que “é sorprendente que o concelleiro de cultura e educación queira ser protagonista de toda a actividade cultural que hai en Burela cando hai facturas sen pagar de petiscos e de eventos que el mesmo organiza”. Para o Grupo Municipal do PP “este derroche é un auténtico desastre e un exemplo da decadencia do señor Llano e o seu equipo de Goberno”.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



