Viveiro 27-2-19. Dentro do seu acordo de colaboración co clube, o Hotel Thalasso Cantábrico Las Sirenas acolle este xoves ó plantel do Viveiro CF no seu centro de thalassoterapia para disfrutar dun circuito termal.
O obxectivo desta actividade é que sirva como sesión de adestramento do primeiro equipo para manter o paso firme na Liga e lograr o ansiado ascenso á Terceira División, e que así a cidade de Viveiro volva competir nunha das categorías nacionais do fútbol español.
O Resort Las Sirenas dispón do único centro termal con auga de mar na Mariña lucense: o Centro Wellness Thalasso Las Sirenas está composto por tres plantas: unha co circuito de thalassoterapia, outra onde se realizan os tratamentos individuais e, por último, unha máis con zona fitness que inclúe ximnasio, salas para masaxes e zonas de exercicios.
Ademais dos seus coñecidos hoteis de 3 e 4 estrelas, apartamentos turísticos, restaurante panorámico e salóns de eventos, o complexo conta tamén con piscina cubirta, pistas de tenis e campo de minigolf, sempre cunhas vistas espectaculares sobre a ría de Viveiro.























O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
