Viveiro, 1 de marzo de 2019. Dende que tomei posesión, tralo falecemento do anterior Alcalde, unha das primeiras cousas que fixen foi contactar con Portos de Galicia para aunar posturas e conseguir a demolición das naves do porto de Viveiro, unha necesidade patente e prioritaria para o municipio. Inicialmente dende a administración autonómica amosouse boa disposición e, de feito, en 2014 derribáronse catro dos galpóns existentes. A partir de aí, dende o Concello de Viveiro viñemos realizando un traballo constante instando a Portos de Galicia para que se derribasen os galpóns que aínda permanecen en pé; enviamos gran cantidade de escritos e mantivemos diversas reunións co presidente de Portos de Galicia, sempre solicitando información sobre os trámites que se viñan realizando e insistindo na necesidade de executar esta actuación.
Como dixen na presentación trátase dunha gran noticia, unha necesidade que vimos demandando dende hai moito tempo; a espera foi longa e que se faga a tres meses dunhas eleccións é unha cuestión que os veciños teñen que xulgar.
Segundo se explicou hoxe, na presentación do proxecto, o prazo de execución é de dous meses e, polo tanto, as obras estarán a realizarse durante a celebración da Semana Santa. Neste sentido, quero aproveitar a ocasión para pedir á empresa adxudicataria a máxima coordinación con este concello co fin establecer os contactos necesarios para manter informada á cidadanía, ao tecido empresarial ou a todos aqueles que puidesen virse afectados pola execución destas obras.
Tamén quero aproveitar para valorar moi positivamente o anuncio realizado no día de hoxe con respecto á licitación do dragado do porto de Celeiro, do canal de acceso a Viveiro e do porto deportivo, outra antiga demanda polo que leva agardando este sector máis de un década.
Coa demolición que hoxe se presentou dáse cumprimento a unha vella reivindicación pola que o Concello de Viveiro leva tempo loitando e traballando e que, segundo parece, pronto chegará ao seu fin; agardamos que moi pronto, por fin, poidamos disfrutar desta espazo sen uns vellos galpóns que viñan supoñendo un problema grave de estética, funcionalidade e seguridade.
A Alcaldesa,
María Loureiro García






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



