Ribadeo, 1 de marzo de 2019. Na Oficina de Turismo de Ribadeo inaugurouse a exposición Síntese. Trátase dunha mostra de 23 fotografías que recolle obras d@s participantes no obradoiro de emprego DOC-TIC II. Síntese poderase visitar ata o 10 de marzo en horario de 10 a 14 e de 16 a 18 horas. Ao acto de inauguración, celebrado esta mañá, asistiron o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Desenvolvemento Local e Cultura, Ana Martínez e Farruco Graña.
O rexedor ribadense dirixiuse aos asistentes dicindo: “estamos moi orgullosos de vosoutros e vosoutras de maneira xeral e particular, estamos moi orgullosos dos profesores e dos alumnos. Quero dicilo dunha maneira sincera porque non me canso de repetilo. Sempre digo que vivimos varios obradoiros no pasado que non teñen nada que ver con este. Valoro moito o que acaba de dicir a directora, que hai un esforzo moi grande por ensinar, pero tamén vexo que hai un esforzo moi grande por aprender. É algo marabilloso, aínda que igual nin os participantes nos anteriores acaban sendo bibliotecarios, nin vosoutros acabades sendo fotógrafos de paisaxes, pero non ten que ver, o importante é que vos dá unha confianza importante, que igual algúns de vós estabades en certa dúbida, e vemos que aproveitades os ingredientes que temos en Ribadeo, uns cuns arquivos e outros coas imaxes e lugares bonitos que temos en Ribadeo, pero coas vosas mans e a vosa intelixencia ides moldeando e facendo posible que dea orgullo ir ver unha mostra de fotografía á Oficina de Turismo de Ribadeo, nos lugares adecuados e co enfoque que me ensinaron a facer, cousas que están á altura de moitos profesionais ou artistas que expoñen aquí ao longo do ano”.
Fernando Suárez salientou que “para min é unha experiencia inolvidable a que fun vendo especialmente neste ano, así que cando vaiades de aquí podedes ir con todo o orgullo de que quedou unha impronta vosa, unha impronta moi positiva de vos”.
Pola súa banda, a profesora de produción fotográfica Carmen Porteiro subliñou que “é un orgullo para calquera tipo de persoa que ensine calquera tipo de coñecemento ver materializado todos estes coñecementos técnicos en algo práctico e tan bo. Levoume moito esforzo e sei que foi difícil. Estou moi satisfeita de presentar Síntese, que é o proxecto expositivo destas sete persoas que forman a especialización de produción fotográfica, e que temos no catálogo. Tampouco me quero esquecer da outra especialidade porque axudáronos cos textos e os pés de foto, puidemos colaborar tamén con eles nesta exposición fotográfica e gustaríame que tamén se sentisen parte dela”.
Carmen Porteiro explicou que “son dous proxectos fotográficos que creo que conseguen amosar Ribadeo desde outro punto de vista totalmente diferente. Por un lado está a Ruta das Aceas, que se pode ver desde principio a fin desde a praia dos Bloques ata as propias Aceas. Por outro lado está ese Ribadeo histórico, todos eses edificios emblemáticos que quixeron destacar e vistos desde outro punto de vista, creo que bastante orixinal e diferente. Non me quero esquecer do deseño do cartel, que o fixo unha alumna, que me parece que é unha fotografía diferente e que fai esa síntese do que podemos ver aquí”.
























Subliñou tamén a unión veciñal arredor desta cita gastronómica, que comparte protagonismo con outras festas da contorna. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, incluído nun programa que reúne artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, terá lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



