Cervo, 2 de marzo de 2018.- O domingo, 10 de marzo, a ruta de Enduro Medela cumprirá unha década de vida.
A cita deportiva foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil delegado de Deportes, José Ramón Soto, ademais de varios membros do Club Medela, Abel Ordás, Víctor Riera e Diego Ballesteros, que sinalaron que “a saída está prevista para as 9:30 horas desde a piscina municipal de Lieiro, e os participantes realizarán primeiramente un percorrido non competitivo por varias zonas do municipio, concretamente por Lieiro, Galdín e Gondrás”.
A proba, de dificultade media-alta, será de 29 quilómetros, e 1.400 metros de desnivel acumulado.
Villares e Soto quixeron agradecerlles unha vez máis aos rapaces do Club Medela o seu traballo “porque eles son os responsables do éxito desta competición á que dedican moitas horas do seu tempo logrando facer do noso municipio un marco excepcional para a práctica deste deporte”. Esta proba á que cada ano asisten máis de 200 corredores –engadiron- “é unha excelente oportunidade tamén para dar a coñecer a riqueza paisaxística e o patrimonio natural que temos en Cervo”.
Os dorsais pódense recoller o sábado, 9 de marzo, na Terraza O Noso Lar, en horario de 19:00 a 21:00 horas; e o mesmo día da proba, entre as 8:00 e as 9:15 horas, na piscina municipal. As persoas interesadas poden inscribirse ata o mércores, 6 de marzo, a través da web www.championchipnorte.com e recoller información na páxina de facebook Club Medela Mtb.
Ao remate da proba haberá unha comida para tódolos participantes.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
