A Mariña 8-3-19. A UMAR, que tivo que mudar xa a súa ubicación habitual na entrada do hospital a primeira semana de marzo dada a situación de alarma creada pola falta desubstitución da pediatra titular de Xove e Cervo por vacacións, volve a cambiar o que sería a súa localización nun centro de saúde a terceira semana de mes, e adiántase ao martes 12 de marzo, elexindo nesta ocasión o centro de saúde de San Cibrao por ser outro dos epicentros da problemática sanitaria.
A profesional que atende as crianzas dos concellos de Cervo e Xove atópase de vacacións desde o pasado 20 de febreiro e non se substituiu, obrigando a nais e pais a desplazarse cos nenos e nenas a outras localidades, ao hospital da Mariña ou mesmo a pagar a profesionais privados para que estes recibiran atención pediátrica. Esta situación, que comeza a ser preocupante, non constitúe un feito illado senón que é o modus operandi do Sergas, como vimos advertindo desde este colectivo sanitario. “ Pasou hai pouco nos concellos de Barreiros, Lourenzá e Mondoñedo, cando a pediatra colleu a baixa e a intensa contestación social e veciñal conseguiu que o Sergas puxera unha substituta, está a pasar en Cervo- Xove, e volverá a pasar cada vez que unha pediatra de familia da Mariña colla un permiso ou baixa médica”- explica Víctor Vila, portavoz da Plataforma Sanitaria.
Desde este colectivos animamos a nais, pais, veciñas e veciños de Cervo a que se acheguen ate o centro de saúde de San Cibrao o proximo martes 12 de marzo de 11 a 13 horas e fagan a reclamación colectiva que , sumada ás 150 que se fixeron hai dous días en Xove “agardamos que sexan definitivas para o Sergas ,e esperamos tamén que sirvan para que dunha vez por todas tomen cartas no asunto e solucionen esta situación de emerxencia”- conclúen.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



