Este sábado 9, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz, proxectouse o filme “A carta”, rodado no Val hai 14 anos polo Grupo Teatral Raiolas. Varias decenas de persoas asistiron ó evento, entre elas algúns dos protagonistas e colaboradores que fixeran posible aquel soño cinematográfico de hai tanto tempo. Un carteiro improvisado repartiu cartas de lembranza do filme e logo todos puideron contemplar de novo a historia do eclesiástico Miguel Alvarado. Foi un emotivo momento no que todos volveron atrás no tempo e recuperaron unha chea de anécdotas, tanto do mundo do teatro como do cine.
