Burela, 13 de marzo de 2019. O rexedor burelés anunciou que este xoves, 14 de marzo, terá lugar a presentación en Lugo de A viaxe de Brandán. Será no Círculo das Artes ás 20:00 horas. Alfredo Llano explica que “Aviaxe de Brandán é a edición dun libro máis dun disco que ven recoller o que foi un traballo colectivo da Escola de Música de Burela. Un traballo onde houbo unha representación teatralizada e musicada durante unha tempada e ese traballo, que se levou adiante con todas as persoas que forman parte da Escola de Música, alumnos, profesores e participantes de fora, acadou un nivel extraordinario de cooperación e de compartir un traballo musicado. Desde o Concello tivemos a iniciativa de facer unha edición con toda a historia de A viaxe de Brandán máis o disco que recolle a representación desta obra. Xa fixemos unha presentación deste libro e do disco en Burela e como é moi importante que se coñeza este traballo colectivo imos facer tamén unha presentación o día 14 no Círculo das Artes en Lugo ás oito da tarde”.
Alfredo Llano salientou que “imos facelo alí porque consideramos que é importante que se saiba a labor que fai a Escola de Música de Burela, que se aprecie esta labor colectiva que é unha obra extraordinaria, moi bonita e motivadora para toda aquela xente que ten inquedanzas musicais. É un traballo representativo da labor que se fai na nosa Escola e esperemos que sexa aliciente para que continúen facéndose cousas desta índole tanto desde a nosa Escola como noutras Escolas de Música que poida haber na provincia de Lugo. Queremos invitar a todos aqueles que queiran estar nesa presentación, sexan de Burela ou non, para acompañarnos”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



