Como nos aprende o economista galego Marcelino F. Mallo, só unha ditadura puido obrigar manu militari, no 1958, ás mariscadoras e veciñas da ría de Pontevedra a deixar o seu medio de vida para construir unha celulosa promovida pola empresa pública ENCE. Como tamèn só unha ditadura puido expulsar ás comunidades veciñais da xestión dos seus montes, operando as masivas repoboacións de pinos dos anos 40 e 50 do século pasado, que impediron os usos tradicionais a prol das comunidades e determinaron a emigración de ducias de milleiros.
A aposta da ditadura franquista pola celulosa, sen transformación posterior en papel e pola masiva introdución do eucalipto respostou a esquemas autoritarios e coloniais de explotación, conferindo ao noso País un rol subsidiario de provedor de materias primas forestais e industriais sen compensar o estrago de recursos costeiros e forestais que calquera país moderno e serio refugaría.
A concesión para ocupar dominio público marítimo habería rematar a fins de xullo de 2018. Mais o Goberno en funcións de Rajoy, sen lexitimidade ningunha, prorrogou esta concesión durante 60 anos! Mais o concello pontevedrés (sempre por diante na loita cidadá contra a celulosa dende que Fdz. Lorez accedera á alcaldía hai agora vinte anos), Greenpeace e a Asociación para a Defensa da Ría de Pontevedra (que traballa arreo nesta angueira dende 1987) recorreron xudicialmente esta prórroga e agora a Avogacía do Estado achantou perante estes recursos, recoñecendo a ilegalidade da prórroga. ENCE aínda poderá defender xudicialmente a súa legalidade, mais as posibilidades de éxito dos recursos increméntanse exponencialmente.
Xa que logo, cumpriría botar os alicerces para o futuro. Garantindo a protección dos intereses dos 350 empregos directos e varios centos de indirectos eventualmente atinxidos polo peche ou traslado da celulosa, mais garantindo tamèn a saúde dos pontevedreses, os valores ambientais e paisaxísticos e os varios milleiros de empregos que xerará a recuperación da Ría. Nun primeiro momento, coa extensión dos traballos de desmontaxe e rexeneración “strictu sensu”, despois coas grandísimas posibilidades de desenvolvemento marisqueiro, ambiental, turístico e urbano que se van abrir.
Os intereses do eucalipto e da pasta de papel (condenada a un imparábel devalo na era das tecnoloxías da información) non poden frear o crecemento económico sostíbel que xerará guindar a celulosa da Ría de Pontevedra.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



