Lugo, 3 de abril de 2019. A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, mantivo un encontro cos usuarios do Centro Ocupacional de ASPANANE (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual), no Concello de Viveiro. Xunto coa Directora deste colectivo, Elena Santos, e membros da Asociación, comprobou, de primeira man, os obradoiros e actividades que realizan nun dos centros desta asociación, que atende a un total de 55 usuarios dos Concellos de Ourol, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo e Foz.
Durante o encontro, López Izquierdo puxo en valor o traballo deste colectivo social sen ánimo de lucro, co que colabora o organismo provincial, posto que “ten un papel fundamental á hora de derrubar barreiras para lograr a igualdade, real e efectiva, das persoas con capacidades diferentes que integran a asociación”.
ASPANANE conta cun equipo formado por 19 profesionais nos dous centros de atención especializada a persoas con discapacidade intelectual: o Centro de Día que conta con 18 usuarios e o Centro Ocupacional, no que prestan atención a 37 persoas. Proximamente, o Concello de Viveiro contará coa única residencia na comarca mariñá para persoas con discapacidade intelectual.
Esta asociación ofrece a veciños con discapacidade intelectual unha atención profesional diaria, tanto aos propios afectados como as súas familias. Neste senso, prestan servizos de asesoramento e información a todas as familias que o necesiten; realizan actividades deportivas como ximnasia; visitas culturais e lúdicas, talleres de tampografía ou obradoiros relacionados co mundo artístico como clases de teatro ou canto, entre outros.
Ademais, as persoas usuarias do Centro Ocupacional conviven en horario de 09:30 a 17:15 horas da tarde e realizan, por grupos, obradoiros de carpintería, serigrafía e cerámica, nos que practican e constrúen mobles, figuras, broches, lámpadas, chaveiros ou traballan realizando impresións en bolsas ou prendas de roupa. Este colectivo social, que conta cun total de 226 socios, trata de integrar socialmente ás persoas con discapacidade intelectual a través de numerosas e diversas actividades.
No Centro de Día realizan talleres de orientación á realidade; estimulación sensorial; de coñecemento das emocións, aprenden a identificar sentimentos e entenderse a si mesmos; ou coñecen o uso de novas tecnoloxías a través de material informático. Nesta liña tamén aprenden, con diferentes actividades, a realizar tarefas por si mesmos, o que lles permite ser máis autónomos no seu día a día.
ASPANANE
A Asociación ASPANANE de Viveiro foi constituída e rexistrada no ano 1.981 por pais de persoas con discapacidade intelectual da Comarca da Mariña. O principal obxectivo que persegue é o de acadar a plena integración na sociedade, das persoas con capacidades diferentes que integran este colectivo, mellorando a súa calidade de vida e a das súas familias.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



