Viveiro, 4, abril, 2019. O coñecido empresario de Viveiro, Óscar Rodríguez Blanco, será o candidato do PP á alcaldía deste municipio, logo de que a súa proposta acadase o apoio da afiliación viveirense. A presidenta provincial, Elena Candia, agradece ao alcaldable que “dese este paso adiante”, destacando que “ten un proxecto claro para Viveiro e respaldado”.
Asemade, pon en valor “a súa capacidade de xestión, como así o demostra a súa traxectoria empresarial e profesional”, pois Rodríguez Blanco é o presidente fundador do Centro Comercial do Casco Histórico, así como do Colexio Oficial de Xoieiros de Galicia; entidade esta última da que aínda é presidente.
Precisamente, a súa experiencia como xestor é, segundo destaca o presidente da Xestora, “la que lo hace merecedor de encabezar la lista del PP”. “Estoy convencido de que Óscar hará un papel extraordinario”, remarcou Olano.
Deste xeito, o empresario é a aposta da formación local para recuperar esta alcaldía, que é unha das máis importantes da Mariña. “Viveiro necesita un proyecto que ofrezca rigor en sus decisiones administrativas, que genere orgullo y pise fuerte en el contexto provincial, autonómico y nacional. Y Óscar puede hacerlo”, subliñou o popular.
“Otro Viveiro es posible”
Óscar Rodríguez estará acompañado dun equipo, cuxo principal obxectivo será apostar polo desenvolvemento económico e social deste municipio. Por iso, estará centrado na procura de novas oportunidades e mellorar os servizos dos veciños, co fin de que estes poidan desenvolver o seus proxectos de vida nesta cidade.
“Óscar aporta un proyecto político fiable, con un equipo compacto y donde dará cabida a la participación de los vecinos para recoger sus inquietudes y apoyar cualquier alternativa de progreso”. En definitiva, conclúe Olano, “con este candidato, otro Viveiro es posible”.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



