Burela. 6, abril, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, dixo que unha maioría ampla no Partido Popular é o que precisa Galicia e o que é bo para España e que, deste xeito, haberá máis xestión, máis oportunidades, máis emprego e menos impostos. Por iso, indicou que ningún voto que prefira outro goberno pode quedar sen escano e apelou á unión nas urnas para acadar así unha maioría ampla de escanos no Congreso e no Senado.
Segundo apuntou o líder do PPdeG, para que o 28 de abril sexa unha oportunidade para Galicia e non un problema, o voto “ten que ser máis útil que nunca” e para que desta forma goberne un partido e un presidente ao que lle importen Galicia e España.
O PARTIDO POPULAR, UN VALOR SEGURO
Tal e como remarcou Feijóo durante un mitin en Burela, é na unión das forzas como se acada un goberno como o galego, que goberna e co que Galicia crece, crea emprego, incrementa as súas políticas sociais, cumpre os compromisos e aproba, ano a ano, os orzamentos. Así, salientou que o PP é un valor seguro para a estabilidade e para a gobernabilidade; para a economía, o crecemento e o emprego; e para a responsabilidade. E advertiu dos riscos de entregar España, a través das mans de Pedro Sánchez, a nacionalistas e independentistas. Por iso, fixo fincapé en que o que é bo para Galicia é bo para España: “O que non queremos para Galicia non podemos querelo para España, porque nos importa”.
Neste punto, recordou que no 2016 os galegos uníronse nas urnas no que crían que eran o mellor para Galicia e impediron así que a nosa comunidade fose xestionada coa frivolidade de Pedro Sánchez ou que as Mareas de Podemos elaboraran uns orzamentos desastrosos ou que os nacionalistas e independentistas esixiran desde a Xunta referendos. “Esta frivolidade pode poñer en risco a continuidade de Alcoa en San Cibrao”, sostivo o líder do PPdeG, que incidiu, especialmente, na irresponsable política industrial do Executivo central.
PEDRO SÁNCHEZ PREFIRE A CIUDADANOS E A VOX
“Cantos máis votos a partidos que non sexan o PP, máis posibilidades de que Pedro Sánchez continúe; cantos máis votos ao PP, máis posibilidades de que haxa outro Goberno”, asegurou o líder do PPdeG, que recalcou, ademais. que Pedro Sánchez prefire a Ciudadanos e a Vox, porque son a división do voto que el necesita para que lle saian as contas.
Para Feijóo, o vindeiro 28 de abril só hai dúas posibilidades reais para presidir o Goberno: ou Pedro Sánchez ou Pablo Casado. Así, quen prefira a Pablo Casado só hai unha vía: o Partido Popular.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



