LUGO .- Unha delegación de 92 corredores en idade escolar representarán á provincia de Lugo no campionato galego de campo a través promovido pola Xunta dentro do programa Xogade. Na competición, que se desenvolverá o próximo sábado no circuíto habilitado na localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal, tomarán parte en concreto 12 equipos, todos eles compostos por seis atletas, e 20 deportistas que conseguiron a súa clasificación de xeito individual na final da fase provincial promovida pola Delegación Territorial de Lugo.
A representación lucense abrangue as seis categorías en liza (alevín feminina e masculina, infantil feminina e masculina e cadete feminina e masculina). Os participantes deberán recorrer distancias que van dos 1.500 metros (en categoría alevín feminina) e os 5.000 metros en cadete masculina.
No tocante a representación, dentro do colectivo que se desplazará ao campionato tras lograr o pase nas competicións organizadas polo servizo de Deportes da Delegación Territorial de Lugo, destacan o San Fernando Lucus Caixa Rural (con catro equipos e dous atletas clasificados de xeito individual), o Club Franciscanos de Lugo (catro equipos e un atleta clasificado de xeito individual), a Agrupación Deportiva San Roque de Viveiro (un equipo e dous corredores de xeito individual) e o Ceip Santa Rita (un equipo e dous corredores clasificados de xeito individual).
Os representantes lucenses nas distintas categorías son:
| Categorías | Equipos clasificados | Individual |
| Alevín feminina | Club Franciscanos
Colexio Martínez Otero |
Ángela Cacharrón e Lucía López (SF Lucus Caixa Rural), Clara Díaz (Ceip Santa Rita), María Calvo (Concello de Guitiriz), Lorena Iglesias (Fefeme Triatlón Miño) |
| Alevín masculina | Club Franciscanos
SF Lucus Caixa Rural |
Bruno Rodríguez (A Gándara), Germán Fernández (PP Escolapios), Iago López (EDM Castro de Rei), Rubén Castro (ED O Valadouro) |
| Infantil feminina | Martínez Otero-Celtas
Club Franciscanos |
Inés Blanco (Triscos-San José), Aroa Freije (Fefeme Triatlón Miño), Saleta Fernández (A Gándara), Julia Peláez (AD San Roque de Viveiro) |
| Infantil masculina | Club Franciscanos A
Ceip Santa Rita |
Alejandro Vázquez (CP La Merced), David Diéguez (ED Chantada), Noé Vila (Club Franciscanos B) |
| Cadete feminina | SF Lucus Caixa Rural A
SF Lucus Caixa Rural B |
Eva Basanta (Fefeme Triatlón Miño), Tania López (AD San Roque de Viveiro) |
| Cadete masculina | SF Lucus Caixa Rural
AD San Roque de Viveiro |
José Hermida (ED Lourenzá), Miguel Sánchez-Andrade (Fefeme Triatlón Miño) |


















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



