Viveiro, 22 de abril de 2019.- A Vicesecretaria de Relacións Institucionais do PSOE Provincial e Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, lamentou este luns que “o Presidente da Xunta de Galicia, a Presidenta do Parlamento e o Deputado do PP pola provincia de Lugo só se acorden de Viveiro en campaña electoral e non viñeran, ningún de eles, cando sufrimos a riada no barrio de Xunqueira. Paréceme ben que veñan á Semana Santa de Viveiro pero tamén quero que veñan cando os necesitamos, pero por desgraza iso non pasa, só veñen a sacarse a foto”.
“É lamentable que durante esta semana desfilaran polo Concello varios cargos do Partido Popular, facendo o paripé co candidato do PP á alcaldía, pedindo un museo para Semana Santa. Non o digo pola proposta, pois todo o que sexa potenciar unha das sinais de identidade de Viveiro como é a Semana Santa paréceme estupendo. O digo porque non tiveron a dignidade de vir nin un día a Xunqueira a ver como estaban as máis de 40 familias afectadas pola catástrofe. Feijóo mandou á Conselleira de Infraestruturas porque debía de ter cousas máis importantes que atender”.
María Loureiro denunciou que “todos eles, incluído Jaime de Olano, son conscientes da situación na que está o barrio e que aínda queda moito traballo para recuperar a totalidade da zona. E o saben porque convoquei unha Comisión Informativa no Concello, na que estaban representantes do PP, para trasladarlles o informe hidrográfico que nos chegou de Augas de Galicia no que se nos esixe tomar medidas e reconstruír a zona cun orzamento de 500.000 euros, achegando esa cantidade entre Concello e Deputación. É dicir, nos din que os viveirenses nos busquemos a vida porque eles non van a colaborar economicamente. Unha vez máis o Partido Popular na Xunta de Galicia nin está nin se lle espera”.
“Agardamos que a próxima vez que veñan a Viveiro teñan a decencia de pasarse por Xunqueira e falen cos veciños afectados. A ver si así se dan conta de que fan falta novos investimentos do goberno galego e menos fotos de políticos”.
























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



