Compostela 23-4-19. Compromiso Por Galicia estará presente en concellos galegos que suman a máis dun millón de galegos e galegas nas candidaturas ás eleccións municipais do vindeiro mes de maio. O Secretario Xeral da formación galeguista, Juan Carlos Piñeiro, deu a coñecer as cifras á vez que destaca a firme aposta da súa formación “por xestionar os recursos desde a cercanía e aportando solucións aos problemas reais da xente”. “As nosas candidaturas están dirixidas por persoas cercanas aos veciños e veciñas, que coñecen a realidade dos concellos e van a sumar con candidaturas transversais que potencien a participación cidadá”, declara Piñeiro.
CxG está deste xeito presente practicamente na totalidade das cidades galegas e optará a representar a un arco de poboación que se achega á metade dos habitantes da comunicade galega, abarcando máis dun millón trescentas mil persoas. Os galeguistas incrementan notablemente deste xeito a súa representación nos municipios de Galicia e figurarán en poboacións significativas como Vigo, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Xinzo de Limia, Fene, Pontevedra, A Estrada, Lalín, Ribeira, Carballo, Muros, Ames, Teo, Rianxo, Sarria, Burela, Foz, Lourenzá, Viveiro ou Ribadeo. Neste sentido Piñeiro reafirmou a entrega sen fisuras dos seus alcaldables a “un proxecto común de País. Onde os veciños e veciñas sintan cada vez máis
preto de seu os gobernos locais e se unan dun xeito solidario e participativo para facer xuntos que Galicia medre”.
Pontevedra é provincia na que as candidaturas de Compromiso Por Galicia abarcan a un maior número de habitantes con cerca do medio millón, mentres que Ourense e A Coruña é onde máis candidaturas presentan. Todo un reto para a formación galeguista, con clara vocación europeísta, que perfila tamén a súa presenza nas eleccións europeas, ás que concurrirá co seu Secretario Xeral Juan Carlos Piñeiro como parte da candidatura ‘Coalición por unha Europa Solidaria’, en suma co PNV, Coalición Canaria, Geroa Bai, Plataforma pelas Illes e o Partido Demócrata Valenciano.






















A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. 



