A Mariña. 29 de abril de 2019. O vindeiro sábado 4 de maio Sés presenta no Auditorio Hernán Naval de Ribadeo o seu novo disco, ‘Rabia ao Silencio’, para o que xa están á venda as entradas en ticketea.com, dentro da súa xira por Galicia.
Desta volta Sés proponnos un traballo acústico, máis íntimo e directo do que nos ten afeitos, para traer á Galicia do século XXI xoias musicais que na pasada centuria chegaron de ultramar (Cuba, Arxentina, Brasil…), mais tamén de diferentes puntos da Península Ibérica, na voz de Carlos Puebla, Mercedes Sosa, Zeca Afonso ou Fuxan os Ventos, entre outros. Cancións adaptadas á nosa lingua que foron, no seu momento, semente ou crónica dos grandes movementos sociais do século XX, cancións que exemplifican a pluma e a voz profundas, humanas e solidarias.
‘Rabia ao Silencio’ (Altafonte, 2019) é un traballo composto por unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor adaptadas pola autora. Todas elas están ligadas a un pobo do que manaron e ao que nutriron. Sés escolleu cancións cunha historia detrás, que explica minuciosamente no libreto do disco: as ditaduras uruguaia e arxentina en letra de Benedetti ou Atahualpa Yupanki; a emigración galega vista por Fuxan os Ventos; a revolución sandinista; a cubana en boca en Carlos Puebla; un corrido popular mexicano dos tempos da revolución ou unha canción-denuncia da discriminación da comunidade negra dos anos 30.
Segundo a propia autora, “Rabia ao silencio’ é unha débeda contraída con quen me esinou a pensar musicando e narrando a verdadeira historia e non a dos vencedores. Máis que coma un traballo propio, está concibido coma unha homenaxe a persoas que nos legaron grandes valores; ademais nun momento sociopoliticamente miserábel e artisticamente pobre. Agora que se confunde a profesionalidade musical coa indiferencia, o individualismo e a covardía, ‘Rabia ao silencio’ era unha obriga para min”.
Xira por teatros
A ‘Rabia ao Silencio’ que cantaba Atahualpa Yupanki da nome ao sexto traballo da cantora que levará por teatros de todo o país nos vindeiros meses cunha formación de trío: con Sés á voz, guitarra e percusión; Sabela Galván á voz, acordeón e frauta; e Tito Calviño á guitarra. Estas son as datas confirmadas polo momento:
15 marzo – A Coruña (Teatro Rosalía) – ESGOTADAS
30 marzo – Pontevedra (Teatro Principal) – ESGOTADAS
5 abril – Rianxo (Auditorio de Rianxo) – ESGOTADAS
6 abril – Vigo (Teatro Afundación)
13 abril – Santiago (Teatro Principal) – ESGOTADAS
4 maio – Ribadeo (Auditorio Hernán Naval)
11 maio – Ourense (Auditorio Municipal)
19 de maio – Ferrol (Teatro Jofre)
O fenómeno da música galega
Sés é o fenómeno dos últimos anos da música galega. Logo de editar en 2018 unha revisión do seu disco de debut, do que vendeu máis de 5.000 exemplares e co que fixo máis de 70 concertos por toda a Península con entradas esgotadas en boa parte deles, volve aos teatros con este traballo especial mentres xa está a gravar o seu próximo disco de temas inéditos, que sairá a luz a comezos de 2020.
Cunha carreira que non parou de medrar desde que publicou o seu primeiro disco en 2011, SES triunfou en Galicia e máis aló grazas á súa proposta ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, con espazo también para a alma de ‘cantareira’ que hai no seu interior.

























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



