Ribadeo, 2 de maio de 2019. O salón de plenos do Concello acolleu esta tarde a presentación do III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes para o período comprendido entre 2019 e 2022.
No acto a concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, fixo un repaso das actuacións desenvolvidas no Concello durante os últimos anos, desde a creación da primeira Concellaría da Muller en 2003, pasando pola creación do CIM en 2004, do Consello Municipal das Mulleres en 2005 (polo que pasaron xa coma vogais 100 mulleres) e dos anteriores Plans de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes.
Despois foi a quenda para a equipa técnica responsable da elaboración do Plan que hoxe se presentou. Tania Merelas, a técnica de Arabias, expuxo o proceso e a metodoloxía empregadas para a elaboración do III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes. As fases do plan foron: fontes oficiais (entrevista CIM); cuestionario persoal técnico; mesas de traballo diagnose e planificación; e redacción e presentación do III Plan.
Desde a Concellaría de Igualdade e desde o CIM subliñan que “o plan ten como principios reitores: o enfoque feminista das políticas públicas –transversalidade-; a igualdade entre mulleres e homes; a loita contra a violencia machista; a coeducación; a diversidade; un enfoque preventivo; a participación e o compromiso; e o coidado ou centralidade da vida”.
E engaden que o obxectivo xeral pasar “por promover a igualdade efectiva e real entre mulleres e homes en relación ás oportunidades de gozar dunha vida digna e libre de violencia machista”.
O eixos de traballo que vertebran o III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello ribadense son “a educación en igualdade; a vida libre de violencia machista; o apoderamento e participación social; a organización social corresponsable e o mercado laboral; a saúde, o deporte e calidade de vida; e a transversalidade de xénero na administración municipal”.
A edil Mariluz Álvarez Lastra dixo que se trata dun documento de traballo para seguir cumprindo e aludiu ás actividades que se desenvolverán de prevención, de sensibilización, de ocio e de tempo libre, así como á posta en valor do CIM “como lugar de asesoramento, de información e como elemento organizador e planificador de todas estas políticas”.
A concelleira de Igualdade sinalou que “non se pode facer política si non existe dotación orzamentaria, cada actividade e cada partida leva unha contía económica con cargo aos presupostos municipais”. E engadiu que “as mulleres que participamos na elaboración deste III Plan estamos moi contentas de poder levalo cabo e de que Ribadeo siga camiñando en prol da igualdade e da prevención en violencia de xénero, que é o que máis nos interesa”.
O acto deste tarde, que foi aberto ao público, rematou coa proxección da curta de Sara Varela titulada B positivos, que levou o Premio ao Mellor Videoensaio sobre Audiovisual Galego nos III Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual (edición 2019).























A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



