Cervo, a 2 de Maio de 2019. A asociación de Axuda ao Enfermo Mental “A Mariña” celebrará o vindeiro sábado, 4 de maio, unha gala benéfica para celebrar os seus vinte anos de vida, baixo o lema “XX ANOS COMPROMETIDOS COA SAÚDE MENTAL”.
O evento, que terá lugar nunha carpa instalada na Praza dos Campos en San Cibrao, a partir das 20:00 horas, contará con numerosas actuacións e tamén con unha cea que se servirá a partires das 22:00h, xa que o plánning para o evento terá lugar do seguinte xeito:
20:00 benvida
20:05 Actuación de Arume : grupo folclórico de Burela composto por máis de 20 integrantes.
20:30 Actuación de A Rebolaxe : grupo folclórico de San Ciprián, composto por máis de 25 integrantes.
21:00 Actuación de Izquierdo Sisters. formado polas actrices Lucía Veiga e Marita Martínez, especialistas en traballo teatral coa técnica de impro e nos beneficios de esa técnica para o desarrollo mental; unha maneira de facer comedia e humor moi especial.
21:30 Discurso Institucional
21:40 Foolmakers: Grupo formado por catro psiquiatras do Hospital de Lugo con formación musical que se xuntaron cun profesor de baixo da escola de música Fábrica de Sons para tocar, nun principio, nas Jam Sessions que a escola organizaba no Club Clavicémbalo. O grupo neses momentos quedou formado por Paula Cores (voz) Luís Vila (piano) Luís González (guitarra e voz), Isidro Gómez (batería) e Carlos Doval (baixo). En Xaneiro de 2019 o guitarrista foi remprazado por Sergio Abuín. No 2018 sacaron o disco chamado “Un polbo en San Froilán)
22:00 Cea
Durante os primeiros platos da cea amenización por “Acordeonistas da Mariña”
24:00 Segundo pase de “Izquierdo Sisters”
24:30 Baile coa Orquestra Tapi öka : grupo xove e con moita forza e enerxía, que naceu fai 3 anos na costa de Lugo, ofrecendo música e baile para toda clase de público , deixando a piel en cada actuación coa Gira “Escucha la llamada”.
1:30 SORTEO
2:00 Baile coa Orquestra Tapi öka
3:30 Fin.
María José Nóvoa, como Directora Técnica Xeral da entidade, xunto con Jorge Manchado, Presidente da entidade, quere agradecer, especialmente ao Concello de Cervo a súa colaboración para que esta Gala, na que estamos a depositar tantas ilusións, sexa unha realidade “contribuíndo sempre coa súa sensibilidade a visibilizar a este colectivo e as enfermidades mentais, e a loitar contra un estigma social que aínda se detecta hoxe na nosa sociedade”. Colaboración na que contamos con todos os recursos do Concello postos á nosa disposición.
O encargado de elaborar e de servir o menú, a base de empanada caseira, lagostinos, carrilleiras, torta de San Marcos, viño, refrescos e café, será o Restaurante “O Noso Lar”.
No transcurso da Gala tamén haberá o sorteo dunha viaxe, presentarase un número especial da revista Agarimo , revista que elaboramos dende hai moitos anos e que ten un gran significado para todos nós.
Os nenos, contabilizados en gran número tamén o pasarán ben nesta festa xa que contarán con animación infantil, pintacaras, xogos, etc…
E por suposto , non nos podemos esquecer do Fotomaton para levar o recordo deste día así como de escribir no libro de firmas, ou visualizar fotos destes 20 anos de vida.
A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña”
A entidade, cos seus Centros de Rehabilitación psico-social e laboral, situados en Burela e Ribadeo, así como co piso protexido, trata de mellorar a calidade de vida das persoas que padecen un trastorno mental crónico e das súas familias.
A apertura da Unidade Residencial en Cervo, así como a vivenda tutelada para mulleres vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental, supuxeron un adianto cuantitativo en canto a dar cobertura integral a moitas persoas diagnosticadas de enfermidade mental crónica que precisan dunha atención residencial integral.
A súa misión é, pois, prestar unha asistencia continuada ás persoas con enfermidade mental persistente para lograr a súa rehabilitación, así como á das súas familias, na Area Sanitaria da Mariña de Lugo, así como a nivel autonómico; xa que temos usuarios/as procedentes de toda a Comunidade Autónoma, sempre tendo en conta os valores de profesionalidade, transparencia, traballo en equipo, eficacia, afecto, comprensión, implicación e seguridade.
As Enfermidades Mentais
As enfermidades mentais representan unha importante carga para os pacientes que as padecen e para as súas familias. Na súa inmensa maioría, aparecen en idades produtivas da vida, tendo un alto impacto social en termos de taxa de desemprego, absentismo laboral e perda de produtividade no traballo.
A Organización Mundial da Saúde (OMS) estima que unhas 700 millóns de persoas no mundo padecen enfermidades mentais e neurolóxicas. Polo tanto, son enfermidades que padece unha gran parte da poboación; é máis, o 25% dos españois sofre alomenos un trastorno mental ao longo da súa vida.
Hai unha alta prevalencia da enfermidade mental. Algúns datos destacados: (extraídos do informe “Prevalencia dos trastornos mentais en Galicia” da Consellería de Sanidade do Censo de Discapacidade 2016 da Consellería de Política Social) :
93.000 casos de psicose ou esquizofrenia en Galicia, o que supón un 8,2% da poboación adulta.
Hai 55.124 persoas con certificado de discapacidade por enfermidade mental en Galicia, o que supón un 18% do censo de persoas con discapacidade.
O 85% da atención ás persoas con problemas de saúde mental recae sobre as familias.
Aumentou un 10,82% a incidencia da enfermidade mental no período 2011-2014. O que conleva a aclarar que o 7,4% dos galegos experimenta un trastorno mental cada ano.
O 43,6% das persoas con trastorno mental grave ou moderado non utilizan ningún servizo sanitario.
O tratamento das enfermidades mentais precisa dunha abordaxe global que inclúa atención médica, farmacolóxica, psicoterapéutica e familiar; dende a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña” queremos visibilizar o noso compromiso pola saúde mental.
20 anos é un punto de inflexión pero é importante destacar que seguiremos traballando para mellorar e ampliar os servizos que ofrecemos ó noso colectivo, colectivo vulnerable que necesita do apoio e comprensión por parte de toda a sociedade e que aínda hoxe en día ten que loitar contra o tan temido estigma social.
Por iso debo dar as grazas a toda a nosa contorna , a todos eses veciños e veciñas de todos os lugares da Comarca da Mariña, polo apoio que nos prestades sempre que temos unha iniciativa social.
A tod@s os que aportades o voso grao de area para seguir loitando pola mellora de calidade de vida do colectivo. Estou segura de que se amosamos a nosa sensibilidade e solidaridade faremos pouco a pouco mudar o Mundo, creando unha sociedade máis xusta, sensible e implicada. Fagamos entre tod@s que a integración sexa unha realidade!!
Grazas a Tod@s os que celebraredes con nós a gala XX aniversario.






















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



