Burela acollerá o vindeiro sábado 21 de xuño do I Encontro Tecendo redes co empresariado da provincia de Lugo, que organiza a Rede Galega de Empresas. A xornada que se desenvolverá no Auditorio Municipal dará comenzó ás once e media da mañá coa inauguración a cargo do Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e do presidente da Rede Galega de Empresas, Benigno Pereira. A continuación o director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Anxo Calvo, abordará a política enerxética de Galicia no marco europeo. E o director xeral de I+D+I, Salustiano Mato, plantexará as liñas de traballo do seu departamento.
A teniente de alcalde de Burela, Neves Cando, di que este evento “pretende servir coma punto de encontro para os empresarios/as de toda Galiza de cara a fortalecer o tecido empresarial a través da información, a formación e a colaboración das empresas que desenvolven a súa actividade nesta comunidade autónoma”. A edil nacionalista engade que “nesta xornada daránse a coñecer cales son as liñas de traballo que se están a poñer en marcha desde a Consellería de Innovación e Industria para reforzar a coexión económica a través de políticas que posibiliten a mellora da economía da provincia de Lugo en coherencia coa realidade económica, territorial e demográfica desta terra”.


















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



